1822 (MDCCCXXII) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos América 24 de maio - Ecuador consegue a independencia de España despois da batalla de Pichincha. 26 de xullo - Encontro de Simón Bolívar e José de San Martín en Guayaquil. 7 de setembro - Brasil declara a súa independencia de Portugal. miniatura|esquerda|200px|Sucre, vencedor en Pichincha.
Europa 13 de xaneiro - A Asemblea Nacional de Epidauro proclama a independencia de Grecia a respecto do Imperio Otomán. Abril - maio - Os turcos efectúan o masacre ou matanza de gregos na illa da Quíos. 24 de outubro - Apertura do Congreso de Verona (até o 14 de decembro). A Santa Alianza decide intervir en España para restablecer o absolutismo monárquico.
Ciencia e tecnoloxía 7 de abril - Fúndase en Buenos Aires a Sociedade de Ciencias Físicas e Matemáticas. 6 de xuño - Charles Graham patenta por primeira vez unha dentadura postiza.
Nacementos 2 de xaneiro - Rudolf Clausius, físico alemán. 4 de xaneiro - Georg Büchmann, filólogo alemán. 6 de xaneiro - Heinrich Schliemann, arqueólogo alemán, descubridor de Troia. 7 de febreiro - Joaquín Gaztambide, compositor español. 19 de marzo - José Benito Amado Boullosa, político galego (m. 1886). 24 de marzo - Antonio Romero Ortiz, político galego (m. 1884) 27 de abril - Ulysses Simpson Grant, 18º presidente dos Estados Unidos. 22 de xullo - Gregor Mendel, monxe e naturalista, quen enunciou as chamadas leis de Mendel, base da xenética. (m. 1884). 2 de setembro - Antolín Faraldo, precursor do nacionalismo galego (m. 1853). 4 de outubro - Rutherford Birchard Hayes, 19º presidente dos Estados Unidos. 6 de novembro - Eduardo Chao Fernández, naturalista, xornalista, historiador e político galego (m. 1887). 27 de decembro - Louis Pasteur, químico e microbiólogo francés (m. 1895).
Mortes
25 de agosto - William Herschel, astrónomo alemán (n. 1738). 13 de outubro - Antonio Canova, escultor italiano (n. 1757).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1822