miniatura|dereita|Os xogadores do encontro Escocia-Inglaterra escoitan Flower of Scotland antes de comezar o partido en 2007

Flower of Scotland (Flor de Escocia en galego e Flùir na h-Alba en gaélico escocés) é, con Scotland the Brave, o himno non-oficial ou oficioso de Escocia. Roy Williamson, do grupo The Corries foi o compositor desta peza que se realizou a mediados dos anos 60.

Historia Escocia non ten un himno oficial, unha característica que comparte con, por exemplo, Inglaterra. Aínda que o tema se tratou no propio parlamento escocés, este non tomou ningunha determinación ao respecto. Entre as composicións que interpretaron ao longo da historia o papel de himno de Escocia cómpre salientar que Flower of Scotland é a composición preferida da cidadanía escocesa, segunda unha enquisa que se realizou en 2004.

A primeira vez que se empregou como himno foi nunha xira que, en 1974, realizou por Suráfrica o equipo de rugby British Lions. Anos despois, en 1993, a Federación Escocesa de Rugby decidiu que, antes de cada partido da selección, se interpretase esta canción. A Asociación Escocesa de Fútbol tamén adoptou Flower of Scotland como o seu himno oficial en 1997, seguindo o exemplo da selección de rugby. Con ocasión dos Xogos da Commonwelth de Delhi 2010, os deportistas escoceses votaron a favor de empregar Flower of Scotland como himno substituíndo a Scotland the Brave.

En xullo do 2006, a Royal Scottish National Orchestra realizou unha enquisa en liña (publicada por Reporting Scotland) na que os votantes podían elixir o seu himno favorito entre cinco cancións candidatas. Nesta enquisa votaron unhas 10 000 persoas e a canción máis votada foi Flower of Scotland cun 41% dos votos fronte ao 29% de Scotland the Bravethe Brave, Black Bear & Highland Laddiepoll reveals Flower of Scotland as nation’s favourite ‘anthem’. Os resultados foron os seguintes:

Canción Votos (%) Flower of Scotland 41% Scotland the Brave 29% Highland Cathedral 16% Is There for Honest Poverty 7% Scots Wha Hae 6%

Aínda que a canción está composta por varias estrofas, unicamente se cantan a primeira e mais a terceira para non alongar o protocolo.

Significado Flor de Escocia é un canto patriótico, como case todos os himnos, que canta á paisaxe escocesa e, sobre todo, á vitoria dos seus patriotas contra a invasión inglesa de finais do século XII e comezos do século XIII na chamada Guerra de Independencia de Escocia. Nesta guerra, os escoceses, guiados por Robert Bruce, expulsaron "o exército do orgulloso Eduardo (II de Inglaterra) ao venceren na batalla de Bannockburn en 1314. A esta vitoria seguíronlle catro séculos de independencia política de Escociade Escocia.

A rivalidade co Auld enemy inglés está exacerbada no texto en resposta ao God Save the Queen, no que se insta ao mariscal Wade a "esmagar aos rebeldes escoceses".

Letra Letra orixinal en inglésLetra en gaélico escocésLetra en escocésTradución aproximada ao galegoO Flower of Scotland, When will we see Your like again, That fought and died for, Your wee bit Hill and Glen, And stood against him, Proud Edward's Army, And sent him homeward, Tae think again.

The Hills are bare now, And Autumn leaves Lie thick and still, O'er land that is lost now, Which those so dearly held, That stood against him, Proud Edward's Army, And sent him homeward, Tae think again.

Those days are past now, And in the past They must remain, But we can still rise now, And be the nation again, That stood against him, Proud Edward's Army, And sent him homeward, Tae think again.

O Flower of Scotland, When will we see Your like again, That fought and died for, Your wee bit Hill and Glen, And stood against him, Proud Edward's Army, And sent him homeward, Tae think again.O Fhlùir na h-Alba, cuin a chì sinn an seòrsa laoich a sheas gu bàs 'son am bileag feòir is fraoich, a sheas an aghaidh feachd uailleil Iomhair 's a ruaig e dhachaidh air chaochladh smaoin?

Na cnuic tha lomnochd 's tha duilleach Foghair mar bhrat air làr, am fearann caillte dan tug na seòid ud gràdh, a sheas an aghaidh feachd uailleil Iomhair 's a ruaig e dhachaigh air chaochladh smaoin.

Tha 'n eachdraidh dùinte ach air dìochuimhne chan fheum i bhith, is faodaidh sinn èirigh gu bhith nar Rìoghachd a-rìs a sheas an aghaidh feachd uailleil Iomhair 's a ruaig e dhachaidh air chaochladh smaoin.

O Fhlùir na h-Alba, cuin a chì sinn an seòrsa laoich a sheas gu bàs 'son am bileag feòir is fraoich, a sheas an aghaidh feachd uailleil Iomhair 's a ruaig e dhachaidh air chaochladh smaoin?O Flouer o Scotland, Whan will we see Yer like again, That focht an dee'd for, Yer wee bit Hill an Glen, An stuid agin him, Prood Edward's Airmie, An sent him hamewart, Tae think again.

The Hills is bare nou, An Autumn leafs Lies thick an still, Ower land that is tint nou, That thae sae dearlie held, That stuid agin him, Prood Edward's Airmie, An sent him hamewart, Tae think again.

Thir days is past nou, An in the past Thay maun remain, But we can aye rise nou, An be the naition again, That stuid agin him, Prood Edward's Airmie, An sent him hamewart, Tae think again.

O Flouer o Scotland, Whan will we see Yer like again, That focht an dee'd for, Yer wee bit Hill an Glen, An stuid agin him, Prood Edward's Airmie, An sent him hamewart, Tae think again.Oh, Flor de Escocia, cando volveremos ver, aos teus semellantes outra vez, que loitaron e morreron por o pequeno outeiro e val, e resistiron contra el, o orgulloso exército de Eduardo, E enviárono a casa, a pensalo de novo.

As montañas están espidas agora, e as follas do outono caen espesas e quedas. A nosa terra que está perdida agora, que aqueles feramente defenderon, e resistiron contra el, o orgulloso exército de Eduardo, E enviárono a casa, a pensalo de novo.

Eses días pasaron agora, e no pasado deben permanecer, Mais aínda podemos rexurdir, e ser a nación outra vez, que resistiu contra el, o orgulloso exército de Eduardo, E enviárono a casa, a pensalo de novo.

Oh, Flor de Escocia, cando volveremos ver, aos teus semellantes outra vez, que loitaron e morreron por, o pequeno outeiro e val, e resistiron contra el, o orgulloso exército de Eduardo, E enviárono a casa, a pensalo de novo. Observacións: A letra orixinal en inglés ten influencias do escocés. Normalmente só se cantan a primeira e terceira estrofas, aínda que o cantante Donnie Munro, de ideas unionistas, negouse a entoar a terceira, optando por empregar a segunda estrofa. Ás veces, logo da 6ª estrofa de cada verso bérrase England! logo de against him, que orixinalmente foi substituído polos seareiros escoceses polo termo Bastard!Autor de Flower of Scotland. Actualmente algúns seareiros non se privan de empregar esta antiga versión, especialmente cando xogan contra un adversario inglés.

Interpretacións Ô, ville lumière, é cantado polos seareiros do Paris Saint-Germain coa música de Flower of ScotlandÔ ville lumière cantado polos seareiros do Paris-Saint-Germain, 2008. (video). En Irlanda, os seareiros do Shamrock Rovers F.C. cantan unha versión modificada de Flower of Scotland chamada Twigg of Scotland en homenaxe ao xogador escocés Gary TwiggTwigg of Scotland. Nun partido do Torneo das Seis Nacións 2008 entre Escocia e Francia, a primeira estrofa do Flower of Scotland foi acompañado polas gaitas, mentres que a segunda foi cantada a capella polo público presente en MurrayfieldFlower of Scotland a cappella (video). A banda escocesa de folk metal Alestorm tocaron esta canción e a gravación en directo, aparecendo no seu álbum Captain Morgan's Revenge. Ademais, a banda canadense con influencias escocesas de celtic punk The Real McKenzies incluíu a canción no seu álbum "Loch'd & Loaded" xunto con varias baladas tradicionais escocesas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Flower of Scotland interpretado por The Corries a mediados dos 70, vídeo en Youtube. Flower of Scotland interpretado por The Corries en 1986, vídeo en Youtube. Flower of Scotland nun partido de rugby Escocia-Inglaterra en Murrayfield, 1990, vídeo en Youtube.

Categoría:Símbolos de Escocia Categoría:Himnos nacionais