O convento das Orfas de Santiago de Compostela é un conxunto de construcións relixiosas de estilo barroco situadas en Santiago de Compostela.
Historia miniatura|Plano do conxunto. O conxunto localízase no número 5 da rúa das Orfas, na parte oriental da Cidade vella de Santiago de Compostela, e está formado polas dependencias monásticas, a igrexa e un colexio. Foi construído a comezos do século XVII para dar aloxamento e educación ás nenas desamparadas da cidade. O seu impulsor foi o arcebispo Juan de Sanclemente Torquemada, e posteriormente foi modificada polos arquitectos Domingo de Andrade e Fernando de Casas Novoa.
A igrexa foi construída posteriormente, dende o ano 1666. O seu arquitecto foi Melchor de Velasco quen faleceu en 1669 antes de vela rematada, pois foi consagrada en 1671. No seu interior alberga un altar maior de estilo rococó, feito por Francisco de Lens, no que destaca unha imaxe da Inmaculada Concepción obra de Xosé Gambino, localizada entre San Xosé e Santiago o Maior, feita en 1756.
Acolle o Colexio Nosa Señora dos Remedios, que segue a ser coñecido popularmente como As Orfas. A igrexa está aberta ao público e nela ofícianse misas do culto cristián diariamente.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas https://www.colexiodosremedios.com "As Orfas" turismo.gal. Xunta de Galicia.
Categoría:Mosteiros e conventos de Santiago de Compostela Categoría:Igrexas de Santiago de Compostela Categoría:Fillas da Caridade Categoría:Colexios de educación primaria de Galicia Categoría:Institucións de ensino de Santiago de Compostela