miniatura|dereita|250px|Figuras da "Sala de Pinturas" de Kapova A caverna de Kapova e unha gruta situada nos montes Urais, Rusia, que contén pinturas rupestres, clasificadas dentro do período magdaleniano da cultura de Paleolítico Superior.
Situación Denominada tamén Chulgan Tache, a caverna está situada no sur dos montes Urais, na rexión de Bashkiria, no distrito de Belorestk. miniatura|esquerda|400px|Localización de Kapova no oriente extremo europeo. Moitos das localizacións sinaladas no mapa só forneceron arte mobiliar.
Arte Descuberta a fins da década de 1950, foi estudada por Otto N. Bader. O feito constituíu un fito importantísimo para a historia da arte paleolítica, porque en Europa, salvo na Península Ibérica, Italia e Francia, non se coñecía ningunha gruta con decoración.
Tanto polo estilo como pola temática, Kapova mostrou estar emparentada coas covas e abrigos occidentais. Con pinturas en ocre represéntanse mamuts, cabalos, bisontes e rinocerontes, fauna coñecida noutros murais rupestres. Hai tamén figuras humanas.
Por razóns estilísticas algunhas das figuras clasificáronse como similares ás do Magdaleniano. Cronoloxicamente remonta á 14.000 anos a.n.e.
Aínda que pouco vulgarizada fóra de Rusia, esta gruta constitúe unha etapa máis que testemuña as relacións entre a cultura do Paleolítico Superior europeo-occidental e Asia Central, onde as estacións arqueolóxicas do río Angara e as proximidades do lago Baikal (Malta, Buret e Krasni-Iar) mostran tamén afinidades no instrumental e a súa arte móbil.
Porén Kapova non está illada, pois nas súas proximidades descubríuse unha segunda gruta ornamentada, Ignatievka.
Notas
<referencesgroup=lower-alpha”/> Referencias
Véxase tamén
Arte paleolítica Magdaleniano
Bibliografía Bader, Otto N., La caverne Kapovaïa: peinture paléolithique. Nauta. Moscou. 1965. Vjaceslav E. Scelinskij, Vladimir N. Sirokov: Höhlenmalerei im Ural. Jan Thorbecke Verlag, Stuttgart. 1999. ISBN 3-7995-9004-8
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Rusia
Ligazóns externas Official website of the Shulgan-Tash Natural Reserve Kapova Cave section of the official website of the Shulgan-Tash Natural Reserve
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Rusia Caverna de Kapova Caverna de Kapova