A conquista do pan (título orixinal en francés La Conquête du Pain) é un libro do ruso Piotr Kropotkin publicado en 1892. Foi traducido ao galego polo ateneo libertario Lume Negro de Ponteareas e editado en 2010.

Características Orixinalmente escrito en francés, apareceu por primeira vez como unha compilación de artigos nos periódicos anarquistas Le Révolté e La Revolté (ambos editados por Kropotkin). Foi publicado como libro por primeira vez en París en 1892, cun prefacio de Élisée Reclus, que tamén suxeriu o título. Entre 1892 e 1894 foi serializado, en parte, no periódico londiniense Freedom, do que Kropotkin era cofundador. Foi traducido e reimpreso en numerosas ocasións. Kotoku Shusui traduciuno ó xaponés en 1909.

Neste traballo Kropotkin apunta o que el considera como os erros dos sistemas económicos do feudalismo e do capitalismo, e a creación de miseria e escaseza mentres promoven o privilexio para certas clases. El opta pola proposta dun sistema económico descentralizado baseado na axuda mutua e a cooperación voluntaria, afirmando que as tendencias para este tipo de organizacións xa existen, ámbalas dúas na evolución e a sociedade humana.

Inclúe 17 artigos: As nosas riquezas O benestar para todos O comunismo anarquista A expropiación Os víveres O aloxamento O vestido Vías e medios As necesidades de luxo O traballo agradable O común acordo libre Obxecións O asalariamento colectivista Consumo e produción A división do traballo A descentralización das industrias A agricultura

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Anarquismo Anarcocomunismo

Ligazóns externas La conquista del pan (en castelán)

Categoría:Obras literarias de 1892 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Anarquismo Categoría:Ensaio Categoría:Obras traducidas do francés ao galego