Gabino Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e finado en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego, segundo conde de Bugallal.

Traxectoria Fillo de José Ramón Bugallal Muñoz e neto do xornalista Isidoro Araújo. Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Joaquín Sánchez de Toca.

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Severiano Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas. miniatura|A Gabino Bugallal en Ponteareas. Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Antonio Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.

Faleceu no Hotel Savoy de París e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en 1960 a súa filla trasladou os seus restos ao cemiterio de Thiais, París, onde repousan.Han recibido sepultura definitiva los restos de D. Gabino Bugallal, ABC. 22/6/1960.

Vida persoal Irmán de Isidoro Bugallal. Tío de José Luis Bugallal Marchesi. En 1912 herdou o Condado de Bugallal da súa curmá Adelaida García Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Prada Rodríguez, Julio e López Blanco, Rogelio (2001): "Galicia", pp. 349–382 en El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923)

Outros artigos Lista de presidentes de España Caciquismo Isidoro Bugallal

Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Condado de Bugallal Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega