O Club Natación Martiánez é unha institución española de natación e sobre todo wáter-polo da cidade de Santa Cruz de Tenerife, nas Illas Canarias. Actualmente, e dende case que unha década, ven participando na División de Honor de Wáter-polo. A entidade ten aproximadamente 200 deportistas. Teñen instalacións no Porto do Real.
Historia O equipo como entidade foi creado no ano 1942, aínda que non foi ata o ano 1991 cando o club de wáter-polo conseguiu o ascenso á Primeira División de Wáter-polo. En 1995 consegue ascender á máxima categoría nacional, a División de Honor de Wáter-polo, na que leva participando oito tempadas. A súa clasificación histórica acadouna na tempada 1996/1997, cando clasificou oitavo e puido participar nos play-offs polo título de liga. Tamén o fixo na tempada 1999/2000. En canto á súa participación na copa do rei, foi eliminado sete veces consecutivas an cuartos de final ante diferentes rivais.
Modalidades deportivas
Natación Wáter-polo Salvamento Natación sincronizada
Véxase tamén
Outros artigos Liga Española de Wáter-polo
Ligazóns externas Sitio web oficial do club
Martianez Categoría:Natación Categoría:Deporte en Santa Cruz de Tenerife Categoría:Artigos sen imaxes