A raíña de África (en ) é unha película dirixida por John Huston no ano 1952. Está baseada na novela do mesmo título de C. S. Forester. Gañou un Oscar ao mellor actor principal (Humphrey Bogart), e obtivo outros tres nomeamentos, ao mellor director, á mellor actriz principal (Katharine Hepburn), e ao mellor guión. Estreouse en galego na TVG o 23 de decembro de 2007.
Sinopse
A primeira guerra mundial comezou e en África Oriental Charlie Allnut (Humphrey Bogart) dedícase a transportar mercancías río arriba e río abaixo coa súa vella embarcación, chamada The African Queen. Nunha das aldeas que visita regularmente morreu o sacerdote, e Charlie acepta levar na súa barca á irmá do falecido reverendo, Rose (Katherine Hepburn), para devolvela á civilización. Durante a viaxe polo río xorde entre Charlie e Rose unha crecente simpatía. Con todo, cando finalmente chegan a un gran lago achégaselles un barco de guerra alemán.
Personaxes miniatura|esquerda|280px miniatura|esquerda|280px Humphrey Bogart como Charlie Allnut Katharine Hepburn como Rose Sayer Robert Morley como Rev. Samuel Sayer Peter Bull como Capitán da Louisa Theodore Bikel como Primeiro oficial Walter Gotell como Segundo oficial Peter Swanwick como Primeiro oficial do Shona Richard Marner como Segundo oficial de Shona
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas african-queen-movie.com
Categoría:Filmes de 1952 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Huston Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de Horizon Pictures Categoría:Filmes rodados no Reino Unido Categoría:Filmes rodados na República Democrática do Congo Categoría:Filmes rodados en Uganda Categoría:Filmes ambientados en 1914 Categoría:Filmes ambientados en Ruanda Categoría:Filmes ambientados en Burundi Categoría:Filmes ambientados en Tanzania Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1952 con versión en galego