miniatura|330 px|Iocoama. miniatura|330 px|Barco Museo "氷川丸" Iocoama, ou YokohamaEntrada Yokohama na Diciopedia do século 21, (横浜市, よこはまし, Yokohama-shi) é a capital da prefectura de Kanagawa, na rexión de Kantō, na illa de Honshū, no Xapón. Forma parte da Área do Gran Tokyo. O concello ten 437.35 km² de superficie e conta cunha poboación de 3 631 773 habitantes (2008). En orixe unha vila mariñeira, a cidade desenvolveuse como un importante porto tras a fin do illamento do Xapón a finais do século XIX e a apertura do seu porto aos estranxeiros o 2 de xuño de 1859. Iocoama converteuse nunha importante base do comercio exterior co Xapón, os estranxeiros ocuparon un barrio da cidade, chamado "Kannai", onde estaban protexidos por un status de extraterritorialidade. Tras a Restauración Meiji en 1868, a cidade cambiou rapidamente, construíronse liñas de ferrocarril para enlazar a cidade con Shinagawa e Shinbashi en Tokyo.
División administrativa O concello de Iocoama divídese en 18 distritos (ku): Aoba-ku (青葉区) Asahi-ku (旭区) Hodogaya-ku (保土ヶ谷区) Isogo-ku (磯子区) Izumi-ku (泉区) Kanagawa-ku (神奈川区) Kanazawa-ku (金沢区) Kōhoku-ku (港北区) Kōnan-ku (港南区) Midori-ku (緑区) Minami-ku (南区) Naka-ku (中区) Nishi-ku (西区) Sakae-ku (栄区) Seya-ku (瀬谷区) Totsuka-ku (戸塚区) Tsurumi-ku (鶴見区) Tsuzuki-ku (都筑区)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia urbana de Iocoama Estadio Internacional de Iocoama Estación de Shin-Yokohama
Categoría:Cidades do Xapón Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Kanagawa