Sabino González Besada Vidal, nado en Tui en 1824 e finado en Pontevedra o 28 de xullo de 1898,Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 29-7-1898, p. 2, 3. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Juan González Besada, era membro dunha das familias máis poderosas de Pontevedra, irmán de Basilio e Rafael González Besada que foron deputados provinciais e tío de Augusto González Besada, varias veces ministro. Foi oficial e secretario do Goberno civil e da Deputación de Pontevedra. Xunto co seu irmán Basilio formou parte do núcleo de investidores da MZOV, da que xa era delegado a principios do Sexenio. Foi xuíz de primeira instancia en Caldas e Ponte Caldelas. Casou con Felisa Jalón Rey Caamaño. Foi Comendador da Orde de Carlos III desde 1878.

Política Membro do Partido Conservador e home de confianza de José Elduayen, estableceu bufete na cidade de Pontevedra e practicamente non vai deixar de formar parte da Deputación Provincial de Pontevedra como deputado por varios distritos (Pontevedra en 1871; A Estrada en 1873, 1877 e 1878 e Ponteareas-A Cañiza en 1886 e 1896) e desempeñando os cargos de Secretario e Vicepresidente. Foi Secretario do Goberno Civil, Gobernador civil da provincia en dúas ocasións (1884-85 e 1890-1892) e presidente da Deputación (1896-1898).

Vida persoal

Casou con Josefa Jalón Rey e foi pai de Ángela e Amalia González Besada Jalón. Notas

Véxase tamén Bibliografía En torno ó elduayenismo: reflexións sobre a política clientelista na provincia de Pontevedra. 1856-1879 Felipe Castro Pérez en Documentos de Traballo. Historia; 13.

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1824 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos