O Morrazo ou Morrazo é unha península situada no oeste da provincia de Pontevedra, na zona das rías Baixas. Mide uns 40 km de lonxitude por 10 de ancho, e separa as rías de Vigo e Pontevedra.
Xeoloxía A península do Morrazo é un exemplo de horst. A elevación do terreo que a conforma debeuse ó afundimento das rías que separa. O seu istmo vai de Ponte Sampaio a Pontevedra.
A súa parte occidental vese desgaxada de norte a sur por unha ampla fendedura tectónica inundada: a Ría de Aldán, que individualiza a subpenínsula do Hío, parroquia máis occidental da comarca do Morrazo. Pola súa parte, o seu extremo meridional e confín da península, Cabo Home, morre a pouca distancia das Illas Cíes (integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas).
O Morrazo é unha península montuosa atomizada en ducias de vales, outeiros, e enseadas, que conforman un complexo tecido de unidades individualizadas, ricas e moi humanizadas que albergan unha elevada densidade de poboación. O punto máis alto da península é a meseta da Chan da Carqueixa (628 m), no Monte Xaxán (Domaio).
Os miradoiros de Cotorredondo, Monte do Faro, A Fraga, Agudelo, A Paralaia, A Magdalena, O Balcón do Rei, Varalonga, Liboreiro o Ermelo ofrecen amplas panorámicas da súa paisaxe, desde a ría de Pontevedra á de Vigo.
Demografía O poboamento do Morrazo é moi disperso, e a maioría dos máis de 200 núcleos de poboación da península se encadran nun contínuum rururbán onde destacan algunhas vilas. A poboación achégase ás 100.000 persoas , cunha densidade de poboación superior a 500 hab./km².
A península correspóndese cos concellos de Cangas de Morrazo, Bueu, Marín e Moaña, así como dúas parroquias de Pontevedra (Lourizán e Salcedo), e catro de Vilaboa (San Adrián de Cobres, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa e Figueirido). Cangas é a capital histórica, así como o concello máis poboado. miniatura|Dolmen de Chan da Arquiña.
A lista compreta das 29 parroquias pode verse na seguinte táboa: MunicipioParroquiaPatrónsHabitantes (2021)Cangas de Morrazo Cangas de Morrazo Santiago 6.828 Darbo Santa María 7.674 Coiro San Salvador 6.827 O Hío Santo André 2.952 Aldán San Cibrán 2.427 Bueu Bueu (San Martiño) San Martiño 3.967 Bueu (San Martiño de Fora) San Martiño de Fora 3.371 Beluso Santa María 2.713 Cela Santa María 1.811 A Illa de Ons San Xoaquín 62 Ermelo Santiago 63 Moaña Moaña (Virxe do Carme) Virxe do Carme 6.231 Moaña (San Martiño) San Martiño 1.960 Tirán San Xoán 4.495 Meira Santa Eulalia 3.941 Domaio San Pedro 2.036 Marín Marín (Santa María do Porto) Santa María do Porto 15.790 Marín (San Xián) San Xián 2.695 Seixo Nosa Señora do Carme 1.903 Ardán Santa María 1.516 San Tomé de Piñeiro San Tomé 1.076 Mogor San Xurxo 942 O Campo Santa María 326 Vilaboa Vilaboa San Martiño 1.621 Cobres Santo Adrán 1.457 Santa Cristina de Cobres Santa Cristina 1.283 Figueirido Santo André 772 Pontevedra Lourizán Santo André 2.959 Salcedo San Martiño 2.029 TOTAL 29 93.374
Economía e cultura A pesca e o turismo son as dúas áreas económicas máis destacadas, e a súa riqueza exprésase tamén na cultura, o deporte e a gastronomía da zona.
O deporte das traíñas e do remo en xeral son moi populares, co canonista David Cal á cabeza.
Entre os eventos culturais destaca o Festival Intercéltico do Morrazo, celebrado en Moaña a finais de xullo.
Entre os seus monumentos destacan o cruceiro do Hío, o Dolmen de Chan da Arquiña, os Petróglifos de Mogor ou o Museo Massó.
Categoría:Penínsulas de Galicia Categoría:Penínsulas ao océano Atlántico Categoría:Penínsulas de Europa