O Mouzo é un lugar da parroquia de Carnés no concello coruñés de Vimianzo. Segundo o IGE tiña 100 habitantes no ano 2018 (50 homes e 50 mulleres).
É lindeiro co lugar de Cures, da parroquia de Cereixo, tamén do concello de Vimianzo. Entre os dous lugares comparten un monte veciñal en man común que abrangue parte da aba oeste do monte Faro. Nese monte en man común sitúase parte dun parque eólico cuxos beneficios permiten soster un local veciñal entre os lugares de Cures e O Mouzo.
Lugares e parroquias Lugares de Carnés
Parroquias de Vimianzo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vimianzo
Mouzo