Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do país. Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237

Entre outros moitos premios é Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2022) e Premio Nacional das Letras Españolas (2024) do Goberno de España.

Traxectoria miniatura|Rivas fotografado nos anos '80. Manuel Rivas estudou no IES Monelos e comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio en El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Os seus primeiros artigos remóntanse á década de 1970. miniatura|Rivas na manifestación do xuízo do Prestige en 2012. É colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois: El País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector do Diario de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha sección fixa no semanario A Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural Luzes de Galiza. En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo xornalístico que axudou na paralización dos vertidos radioactivos. Presentou os programas da TVG Máis alá e O mellor.

Mantén unha columna semanal no xornal El País,Navegar al desvío onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais. En outubro de 2003 participou, xunto con Xurxo Souto, na reinauguraciónManolo Rivas e Xurxo Souto apadriñaron a inauguración da emisora Cuac FM que emite a través do 103.4 para A Coruña e a súa área de influencia . Metamedia. da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos os dous se converteron en padriños e socios de honra.

miniatura|Rivas presentando dous libros. No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poema Pra escarnho e mal dizer foi galardoado co Premio de Poesía Nova do Facho, o primeiro dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional de Narrativa por Que me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente en lingua galega, premio polo que xa fora finalista oito anos antes pola novela Un millón de vacas.

Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Considerado pola crítica como un revolucionario da literatura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa prolífica carreira como xornalista. miniatura|Rivas no Culturgal 2010. Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, como A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999), O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2004) e Todo é silencio (José Luis Cuerda, 2012).. En 2018 publicou Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, o segundo relato baséase na "idea orixinal" escrita polo autor para a serie de televisión Vivir sin permiso.

Foi membro fundador de GreenpeaceManuel Rivas recibirá el premio de Greenpeace por su trayectoria (fundador de greenpeace en 1984), polo que non resulta estraño o seu grao de implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe do Prestige nas costas galegas coma a creación da plataforma cidadá Nunca Máis ou coa vaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.

É membro de número da Real Academia Galega. Ingresou o 12 de decembro de 2009 a proposta de Luz Pozo Garza, Xosé Neira Vilas e Xosé Luís Axeitos, lendo o discurso A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua, respondido por Xosé Luís Axeitos.

No ano 2013 fundou a revista Luzes canda a Xosé Manuel Pereiro.

En 2025 pasou a formar parte do Padroado da Biblioteca Nacional de España.

Obra Poesía Libro de Entroido (1980). Edicións do Rueiro. Premio O Facho. ISBN 978-84-85220-33-5. Anisia e outras sombras en colaboración con Xavier Seoane (1981). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-039-4. Balada nas praias do Oeste (1985). Sotelo Blanco Edicións. ISBN 84-86021-23-5. Mohicania (1986). Edicións do Rueiro. ISBN 978-84-85220-34-2. Ningún cisne (1989). Sotelo Blanco Edicións. ISBN 84-7824-046-2. Premio Leliadoura 1989. Costa da morte blues (1995). Edicións Xerais. ISBN 84-7507-895-8. O pobo da noite (1996). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-039-4. Foi traducida ao castelán. Antoloxía; cun CD de poemas recitados polo autor. Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003) (2003). Edicións Espiral Maior. ISBN 84-95625-85-7. Foi traducida ao inglés (antoloxía que recolle tamén poemas doutros libros do autor). El pueblo de la noche y mohicania revisitada (2004). Editorial Suma de Letras, S.L. ISBN 978-84-663-1179-3. En Castelán. A desaparición da neve (2009). Alfaguara. ISBN 978-84-204-2236-7. Editado simultaneamente en galego, castelán, éuscaro e catalán. Tamén hai unha edición bilingüe galego-inglesa e está traducida ao búlgaro. A boca da terra (2015). Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-9914-932-5. ePub: ISBN 978-84-9121-578-3. Hai edición bilingüe galego-castelá e foi traducida ao inglés. O que fica fóra (2021). Apiario. 100 páxs. ISBN 978-84-124530-0-3.

Narrativa Todo ben (1985). Col. Xabarín, 15. Edicións Xerais. ISBN 84-7507-206-2. Un millón de vacas (1989). Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-9782-606-8 (15ª ed.) ePub: ISBN 978-84-9914-960-8. Premio da Crítica Española 1989, Finalista do Premio Nacional de Literatura. Foi traducida ao asturiano, ao castelán, ao portugués, ao húngaro, ao serbio e ao italiano. O último rei dos galegos, relato publicado na colección Contos do Castromil. (1992). Os comedores de patacas (1991). Edicións Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-932-3 (7ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9121-167-9. Foi traducida ao castelán, ao portugués e ao inglés. 7ª edición actualizada de Xerais en 2021, ISBN 978-84-9121-932-3, ePub: 978-84-9121-167-9. En salvaxe compaña (1994). Xerais. ISBN 84-7507-769-2. (4ª ed. 2008, ISBN 978-84-9782-930-4, ePub: 978-84-9914-925-7). Premio da Crítica de Galicia (creación) 1994. Foi traducida ao castelán, ao alemán, ao francés, ao neerlandés, ao inglés e ao búlgaro. Que me queres, amor? (1995). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-027-6. Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996. O relato "A lingua das bolboretas" foi traducido ao castelán, ao esloveno, ao portugués (tamén nunha edición bilingüe portuguesa-tetún) e ao bretón. O lapis do carpinteiro (1998). Xerais. ISBN 978-84-8302-261-0 (33ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-422-1. Premio da Crítica Española 1998, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1999 e Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no ano 1999, Premio literario 50 Aniversario da Sección Belga de Amnistía Internacional no ano 2001. Foi traducida a máis de 20 idiomas. É a novela galega con máis traducións a outras linguas, con 100.000 exemplares vendidos en galego. En 2026 Xerais sacou unha edición especial (ISBN 978-84-1110-831-7) conmemorativa. A Deusa Atlántica (1999). Editorial: Concello da Coruña. ISBN 84-86836-80-8. Ela, maldita alma (1999). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-283-X. Foi traducida ao castelán, ao catalán, ao portugués e ao italiano. A man dos paíños (2000). Edicións Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-8302-591-8. As chamadas perdidas (2002). Edicións Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-8302-811-7 (3ª). ePub: ISBN 978-84-9914-924-0. Foi traducida ao castelán e ao portugués. Contos de Nadal (2003). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-083-5. Foi traducida ao castelán. Con ilustracións de Miguelanxo Prado Os libros arden mal (2006). Xerais. ISBN 84-9782-461-X. Premio Antón Losada Diéguez de Creación 2007, Premio da Crítica de Galicia (creación) 2007, Premio da Crítica Española 2006, Premio Cálamo 2006, VII Premio Libro del Año 2006 (outorgado polo gremio de libreiros de Madrid), Premios 2006 da Asociación de Editores ao mellor autor e á mellor obra (Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano e Premio Ánxel Casal ao libro do ano respectivamente), XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro galego do ano 2006, Premio da Asociación Galega de Escritores 2007. Foi traducido ao castelán, ao catalán, ao francés, ao italiano e ao inglés. Todo é silencio (2010). Edicións Xerais. 280 páxs. ISBN 978-84-9914-169-5 (3ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-419-1. Foi traducida ao castelán, ao inglés e ao francés. O máis estraño. Contos reunidos (2011). Xerais. 488 páxs. ISBN 978-84-9914-285-2. Publicado en castelán como Lo más extraño no 2011 en Alfaguara. As voces baixas (2012). Edicións Xerais 208 páxs. ISBN 978-84-9914-440-5 (4ª). ePub: ISBN 978-84-9914-454-2. Foi traducida ao castelán, ao inglés e ao árabe. O último día de Terranova (2015). Edicións Xerais. 256 páxs. ISBN 978-84-9914-941-7. ePub: ISBN 978-84-9914-954-7. Nunha reportaxe publicada polo New York Times, a edición en inglés The last days of Terranova aparece xunto a outros 99 títulos seleccionados do ano 2022. Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018). Edicións Xerais, 144 páx. ISBN 978-84-9121-456-4. ePub: ISBN 978-84-9121-459-5. Tras do Ceo (2024). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-572-9. ePub: ISBN 978-84-1110-576-7.

Castelán El secreto de la tierra, recompilación en castelán dos relatos incluídos nas obras Un millón de vacas e Os comedores de patacas. (1999). Editorial Alfaguara, ISBN 84-204-7857-1. Nosotros dos (2003). Centro de Profesores y Recursos de Cuenca. ISBN 978-84-95964-06-9. Traducido do galego. Cuentos de un invierno (2005). Alfaguara, S.A. Serie Roxa. ISBN 978-84-204-6905-8. La mano del emigrante (2001). Tradución de A man dos paíños, inclúe a diferenza da versión galega un audiolibro: La lengua de las mariposas y otros relatos. Alfaguara. ISBN 84-204-4257-7.

Teatro O heroe (2005). Edicións Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9782-371-5 (2ª). Estreada en Ourense, no ano 2005 por Sarabela Teatro. Foi traducida ao castelán.

Literatura infanto-xuvenil Bala perdida (1997). Obradoiro Santillana. Con ilustracións de Miguelanxo Prado ISBN 978-84-8224-547-8. Foi traducida ao castelán, ao italiano e ao catalán. En Xerais: 2016, ISBN 978-84-9121-072-6 (5ª), 152 páxs. ePub: ISBN 978-84-9121-075-7. O sombreiro Chichiriteiro (2009). 64 páxs. Ilustracións de Patricia Castelao. Edicións Xerais. ISBN 978-84-9782-962-5. Milu (2010). Kalandraka. Ilustracións Aitana Carrasco. Galego: ISBN 978-84-8464-735-5. Castelán: ISBN 978-84-8464-736-2. Tradución: Xosé Ballesteros. O raposo e a mestra (2013). Edicións Xerais. Ilustracións de Jacobo Fernández Serrano. 96 páxs. ISBN 978-84-9914-576-1 (8ª ed). ePub: ISBN 978-84-9914-642-3. Asinado como Manuel O´Rivas. Madonna e outros contos de inverno (2015). Edicións Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-906-6. ePub: ISBN 978-84-9914-909-7. O Chispas (2020). Xerais. 96 páxs. Ilustracións de Sonia García Vidal. ISBN 978-84-9121-672-8 (2ª). ePub: ISBN 978-84-9121-714-5. A nena lectora (2021). Xerais. Ilustracións de Susana Suniaga. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-001-4. ePub: ISBN 978-84-1110-032-8.

Artigos e ensaios literarios miniatura|Dedicatoria de Manuel Rivas. Os partidos políticos na Galiza (1977). Con Xoán Ignacio Taibo Arias. Edicións do Rueiro.