Doha (en árabe: الدوحة, transl. ad-Dawḥa ou ad-Doha, literalmente "a árbore grande") é a capital de Qatar. Está situada sobre a costa do golfo Pérsico, levantada nunha baía de 7 km de longo. Administrativamente pertence á subdivisión de Ad-Dawhah. É a sede das instalacións da cadea de televisión Al Jazeera.

Historia A cidade foi fundada en 1850 co nome de Al-Bida'a. En 1916 cesou o protectorado británico e a cidade pasou a estar rexida polas autoridade de Qatar. En decembro de 2006, Doha acolleu os Xogos asiáticos e foi candidata para os Xogos Olímpicos de verán de 2016.

Poboación Estimábase que Doha contaba cuns 400.000 habitantes en 2005. É a cidade meirande de Qatar, e concentra un 80% da poboación residente total.

Economía Doha é o centro económico do país. Na cidade celébranse as conferencias ministeriais do Ciclo de Doha so a éxida da OMC. As industrias principais baséanse no gas, o petróleo e a pesca. O turismo é un sector económico en crecemento en Doha: no medio da baía está en construción un arquipélago artificial dedicado enteiramente ao turismo, bautizado como A Perla.

Transportes Doha posúe un aeroporto internacional, un porto, hoteis e variadas infraestruturas deportivas. No que respecta ás comunicacións terrestres a principal compañía de transporte é a sociedade Karwa, creada en 2005, que puxo en marcha liñas de autobuses e que xestiona os taxis.

Ensino Preto de Doha atópase «Education City», zona consagrada á investigación científica e á educación.

Irmandamentos Amán, Xordania (dende 1995) Pequín, China (dende 2008) Bosaso, Somalia (dende 1994) Brasilia, Brasil Houston, Texas Manama, Bahrain Marbella, España Port Louis, Mauricio Stratford-upon-Avon, Inglaterra Tunes, Tunisia Alxer, Alxeria Tirana, Albania

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do aeroporto internacional de Doha

Doha Categoría:Capitais de Asia Categoría:Capitais árabes da cultura Categoría:Capitais dos países árabes