miniatura|300px|PLANO DEL PAISadyacente a las tres rías de laCORUÑA, BETANZOS Y FERROL,llamado de las Mariñas,Por el D.r D.n Domingo Fontán. A ría da Coruña é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das rías medias galegas.Rías Altas en Turgalicia. Fórmase pola desembocadura do río Mero no océano Atlántico e baña os municipios da Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre. A parte interior da ría coñécese como ría do Burgo, mentres que o termo "ría da Coruña" adoita referirse á parte máis aberta, tamén denominada ás veces "baía da Coruña".
A ría do Burgo é un brazo de mar duns catro quilómetros de longo que se estende dende a desembocadura do Mero, entre as parroquias do Temple e O Burgo, ata a praia de Santa Cristina, unha frecha areosa na parroquia de Perillo. A ría do Burgo ten entre 400 e 800 metros de ancho e correspóndese coa parte final do val do río Mero, polo que presenta unha fisonomía fluvial, caracterizada pola sedimentación, e con salinidade variable. A ría do Burgo presenta niveis de contaminación moi altos, que afectan o marisqueo e requiren saneamento urxente.
Fóra do estuario do Burgo, a ría da Coruña presenta unha forma ovada, na que o porto coruñés ocupa o lado occidental e a costa de Oleiros, a beira meridional e oriental. A súa boca, entre Punta Herminia e o Seixo Branco ten 4 km de largo, e dende aí até o fondo da baía hai 6 km.
As praias principais da ría da Coruña son as oleiresas de Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz, Canide, Mera, Espiñeiro ou Canaval. Na marxe esquerda, no concello da Coruña, encóntranse as de Oza, Santo Amaro, O Grelle e Area de Concha.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Coruña