Francesc Macià i Llussà, nado en Vilanova i la Geltrú o 21 de outubro de 1859 e finado en Barcelona o 25 de decembro de 1933, foi un político e militar catalán de ideoloxía republicana e independentista catalá. Foi tenente coronel do exército de terra, 122º Presidente da Generalitat de Cataluña (sucedido por Lluís Companys i Jover) e un dos fundadores dos partidos Estat Català e Esquerra Republicana de Catalunya.

Traxectoria Aos quince anos ingresou na Academia de Enxeñeiros Militares de Guadalaxara. Aos seis meses termina formación e pasa destinado como tenente a Madrid na sección de telegrafía. Foi destinado a Sevilla co grao de Capitán (1882) e despois a Lleida, onde chegaría a Tenente Coronel. Casou con Eugenia Lamarca filla de terratenentes leridanos.

Con todo tivo que saír da institución militar logo de condenar o ataque dalgúns oficiais do exército ao semanario La Veu de Catalunya en 1905. Daquela, algúns oficiais asaltaron a imprenta na que se elaboraba o semanario que publicara unha caricatura da revista Cu-Cut que consideraron vexatoria para os oficiais destinados en Cataluña. No canto de tomarse medidas contra os militares déuselles a razón e os autores da caricatura foron xulgados por un Tribunal Militar. miniatura|esquerda|150px|Monumento a Macià en Barcelona Logo dunha fracasada viaxe a Moscova para pedir axuda ás autoridades comunistas decidiu contar exclusivamente coas súas forzas e organizar directamente unha incursión armada en Cataluña.

En 1922 fundou o partido separatista Estat Català (Estado Catalán), en 1931 o partido fusiónase con Esquerra Republicana de Catalunya gozando de autonomía interna. En 1926 con Estat Català intentou unha acción armada contra a ditadura de Primo de Rivera, desde Prats-de-Mollo-la-Preste (o denominado «complot de Prats de Molló»), en Francia. Este intento foi abortado pola Gendarmería francesa, pero lle fará gañar moita popularidade en Cataluña. Abortado o complot, Macià foi detido e desterrado a Bélxica. Tras residir uns cantos meses en Bruxelas, entrou clandestinamente na Arxentina, onde residiu máis de medio ano. Fundou na Habana o Partido Separatista Revolucionario de Cataluña, do cal foi presidente e no que estudou por primeira vez a posibilidade de constituír unha República Catalá (setembro-outubro de 1928).

Caída a ditadura do xeneral Primo de Rivera (xaneiro de 1930), Macià regresa a Cataluña finalmente o 22 de febreiro de 1931.

En 1931, logo dunhas eleccións que deron a maioría ao seu novo partido, Esquerra Republicana de Catalunya, Macià proclamou a República Catalá desde o Palacio da Generalitat de Cataluña. Máis adiante, cando o proxecto de constituír España como un estado federal non saia adiante, verase obrigado a aceptar un Estatuto de Autonomía para Cataluña. Foi presidente da Generalitat ata a súa morte, acaecida en 1933. Foi substituído á fronte da Generalitat de Cataluña por Lluís Companys.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Texto da proclamación da República Catalá de 1931 Vídeo de Francesc Macià Vídeo de Inauguración do Parlament de Catalunya de Macià

Categoría:Presidentes da Generalitat de Cataluña Categoría:Militares de Cataluña Categoría:Nados en Vilanova i la Geltrú Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Deputados nas Cortes da II República