Flanagan 007 é un libro escrito en 1998 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o sétimo da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.

Trama

A trama comeza o martes 14 de abril, xusto despois da Semana Santa. Pili, a irmá de Flanagan, desapareceu. Chamou para dicir que estaba ben e que non chamasen á policía, pero o pai encárgalle a Flanagan que dea con ela.

Pili e o seu mozo viaxaban a Madrid para pagar medio millón de dólares a un señor da guerra somalí, ó sospeitaren que na ONG coa que colaboran hai unha toupa que quere evitar o pago. Os cartos son para ceder a unha chantaxe, pois o somalí ten retido un cargamento de medicamentos dirixido á poboación civil.

Axudado por Bruna, unha rapaza fuxida da casa que coñece na estación de trens, e por Niceto, un mozo dos recados do hotel Plaza de Madrid, consegue rescatar á irmá e desenmascarar unha trama dunha empresa farmacéutica moi poderosa para vender medicamentos en malas condicións.

Narración Nesta ocasión volve a trama con bastante acción, con persecucións, pistolas e participación da policía. Tamén ha situacións delirantes, como unha lea coas maletas no hotel ou todo momento no que está o comisario Campuzano. Malia que Flanagan segue a ser parella de Blanca Online, está nunha fase rara, xa despois do forte namoramento, e non só non a bota de menos demasiado, senón que flirtea con Bruna, coa que intercambia algún bico.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da editorial.

Categoría:Flanagan Categoría:Obras literarias de 1998 Categoría:Obras traducidas do catalán ao galego