Avelina Valladares Núñez, nada en Vilancosta (A Estrada) o 23 de outubro de 1825 e finada na Estrada o 17 de marzo de en 1902, foi unha escritora galega, e unha das primeiras mulleres que publicou artigos de opinión na prensa escrita, e empregou o galego como lingua dalgúns dos seus poemas. É irmá do tamén escritor Marcial Valladares.
Traxectoria Filla de José Dionisio Valladares Gómez, cunha considerable formación académica debido á súa ascendencia fidalga, Avelina Valladares dedicou parte da súa vida ao coidado dos demais (sempre dende as súas fondas conviccións relixiosas), participando na Xunta Parroquial de Beneficencia da súa parroquia, Berres. Nos períodos comprendidos entre 1840 e 1850, e 1864 e 1879, a escritora dedicou a meirande parte do seu tempo á escrita, realizando durante eses anos a maior parte da súa obra literaria.
Como poeta aveciñada no seu tempo, as súas composicións tratan temas relixiosos, amicais ou de costumes. Non obstante, o que máis chama a atención dentro da súa produción literaria, son os artigos conservados, xa que abordan cuestións prácticas coma os cultivos, fan denuncia social ("El ochavo milagroso" critica algunhas supersticións populares) ou diríxense á autoridade (neste caso eclesiástica) para facer peticións de interese xeral. É tamén digno de destacar o seu Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego, obra bilingüe con claras características proclives á dramatización (hoxe existe unha versión teatral feita por Xosé Lueiro Lemos).
Obra
Obra poética. Avelina Valladares Núñez (2025), edición de Xosé Luna Sanmartín. Vigo: Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-1176-533-6.
Recoñecementos
Na súa memoria creouse o Premio de poesía Avelina Valladares, convocado polo concello da Estrada.
En 2025, e coincidindo co bicentenario do seu nacemento, o Concello da Estrada retomou a programación do Ano Cultural para dedicarllo á «Cantora do Ulla» e publicar a súa obra. miniatura|page=35|Artigo de Castro López. Notas
Véxase tamén
Bibliografía : "Avelina Valladares", pp. 33–35 en Almanaque Gallego para 1898, Buenos Aires, 25 de outubro de 1897 . : "N'a súa memoria", El Emigrado, 24/10/1925. (2000). Ond'o sol facheaba ô amañecer: vida e obra da cantora da Ulla Avelina Valladares Núñez. ISBN 84-95429-05-5.
Outros artigos Premio de poesía Avelina Valladares José Dionisio Valladares Gómez Marcial Valladares Ligazóns externas Concello da Estrada
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1825 Categoría:Finados en 1902 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público