Celso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 15 de decembro de 1958, é un escritor e sociolingüista galego.

Traxectoria Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez e irmán de Xosé María, Alfonso, e Berta Álvarez Cáccamo, entre 1975 e 1990 estudou e viviu en Compostela, Barcelona, Buffalo (EUA) e Berkeley (EUA).

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Central de Barcelona. Doutor en Filoloxía Hispánica, a súa tese de doutoramento: The Institutionalization of Galician: Linguistic Practices, Power, and Ideology in Public Discourse foi presentada na UC Berkeley. É mestrado en Lingua e Literatura Españolas pola State University of New York en Buffalo. Actualmente é profesor de Lingüística xeral na Universidade da Coruña.

É autor de múltiples artigos académicos relacionados coa sociolingüística. Xestiona a páxina Versão Original e a revista çopyright de pensamento crítica e intervención. Tamén foi colaborador de Vieiros.

Obra Poesía Os distantes (1995), Espiral Maior. Os passos da procura (2018, Através).

Obras colectivas Escolma de familia. Cen anos de poesía (2000, Xerais). Poemas ao pai (2008, Espiral Maior).

Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.

Ligazóns externas Páxina web de Celso Álvarez Cáccamo Blog do autor

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1958 Categoría:Reintegracionismo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes