Somos unos animales é o segundo álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado, producido e publicado por Área Creativa no 1991. Historia

A idea inicial era gravar de novo con Avispa, como xa fixeran co primeiro disco, Rock transgresivo, se ben lles esixían que de trasladasen ao estudio de gravación. A baixa oferta económica, 10.000 pesetas diarias incluíndo os gastos de aloxamento, fixo que Roberto Iniesta, líder da banda, pedise que lles mandasen os cartos ao seu lugar de residencia, e que logo irían gravar. A discográfica rexeitou a contraproposta, e Extremoduro optou por outra discográfica independente, Área Creativa.

Realizouse unha produción bastante superior á do primeiro disco, malia estar feita de novo polo propio grupo. O segundo traballo chegou a vender 8.000 copias, aínda sen ter ningunha promoción; con todo, apareceron novos problemas coa discográfica do momento (non cobraron nada en concepto de dereitos de autoría por este disco), o que fixo que buscasen outra.

Destacan entre o seu repertorio temas como "Tu corazón", "La canción de los oficios", "Quemando tus recuerdos" e "Necesito droga y amor (Los camellos no me fían)", se ben non chega ao nivel doutros álbums de Extremoduro.

A música deste disco representa unha evolución respecto do seu predecesor, coa incorporación ocasional de novos instrumentos ao tradicional conxunto guitarra-baixo-batería; tamén ten certas colaboracións de artistas externos ao grupo, como a de Rosendo Mercado acompañando a Iniesta como voz principal en "La canción de los oficios" e coa guitarra en "Perro callejero". As letras, pola súa banda, supoñen tamén unha mellora, e comezan a marcar ata onde chegarán en vindeiras entregas.

En 1995 a discográfica Warner lanzou de novo o álbum.

Lista de cancións

Categoría:Álbums de Extremoduro Categoría:Álbums musicais de 1991