Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón é a primeira longametraxe do cineasta español Pedro Almodóvar. Rodada en 16 milímetros, estréase no 1980 nos cines comerciais. Película cun argumentro fresco, corrosivo e feita cun gran sentido do humor e imaxinación, tendo en conta que está ambientada no Madrid da Movida. Entre o elenco deste filme destacan unha das grandes musas interpretativas do director manchego, Carmen Maura, coa que seguirá a colaborar nos seus vindeiros proxectos, e unha novísima Alaska (Olvido Gara), cantante aínda en activo actualmente e que contaba con tan só 15 anos no rodaxe da película.

Sinopse Tres mulleres moi distintas, Pepi, Luci e Bom, unha atolada rapaza, unha ama da casa e unha cantante punk, atópanse no Madrid dos anos oitenta cambiando dun xeito moi profundo as súas vidas.

Elenco de actores Carmen Maura: Pepi Félix Rotaeta: polícia/irmán xemelgo Olvido Gara (Alaska): Bom Eva Siva (Ana Curra): Luci Concha Grégori: Charito, a veciña de Luci Kiti Manver: Rapaza modelo e cantante Cecilia Roth: Rapaza do anuncio de "Bragas Ponte" Julieta Serrano: Muller Cristina Sánchez Pascual: Muller barbuda Fabio de Miguel (Mc Namara): Roxy. Diego Álvarez: O fillo da muller Agustín Almodóvar: Chico

Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Almodóvar Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre violación e vinganza Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España Categoría:Filmes sobre temática transxénero