O Parque Nacional Natural Puracé atópase na Rexión Andina de Colombia pertencente á Cordilleira Central dos Andes en Colombia. A súa superficie forma parte dos Departamentos de Colombia do Cauca e o de Huila.
Dentro da magnífica paisaxe deste Parque Natural, érguese, egrexio, o Volcán Puracé. Tamén, nese mesmo Parque, está parte do Macizo Colombiano, onde nacen catro dos ríos máis caudaloss de Colombia: o río Magdalena, o Cauca e o Patía.
Xeneralidades É unha zona volcánica, reflectida nas numerosos depósitos axofrados. Abrangue trinta lagoas, ideais para curas de saúde e descanso. Está considerado a estrela hidrográfica colombiana, xa que nos seus cumes nacen os ríos Magdalena, Cauca e Caquetá. Fai parte do cinto andino declarado pola UNESCO reserva da biosfera en 1979.
Como chegar A Popayán, Capital do departamento do Cauca chégase vía aérea, dende Bogotá. Tómase logo a vía terrestre até a poboación que herdou o nome do volcán: Puracé. Son 44 44 quilómetros, e leva normalmente media hora. A estrada está en bo estado. De Puracé débese chegar ao punto denominao "El Crucero", e logo -a un quilómetro de distancia- a fermosa zona recreativa de Pilimbalá.
Comunidades 250px|esquerda|miniatura| Fotografía da zona de Puracé
A súa zona de influencia serve de agocho indíxena á etnia Cocunuco, sector de Pilimbala, onde a mesma comunidade ofrece cómodos aloxamentos e comida típica. Tamén hai un asentamento indíxena guambino.
Hidrografía Este parque forma parte da rexión hidrolóxica do río Bravo, e nel atópanse as concas dos ríos río Pesquería|Pesquería]], Ramos, Santa Catarina e San Juan. Entre todos destaca o Santa Catarina xa que é o que máis se esparexe pola zona.
Clima Está considerado entre un piso térmico frío e o de neves perpetuas.
Flora Os bosques cheos de porte pequeno, orquídeas, chusques, musgos, arbustos...
Fauna Dentro das especies que máis se destacan na área atopámonos o cóndor, o colibrí, o cervo coello, o cervo vermello, danta, o oso de anteollos, o armadillo, o papagaio de orellas amarelo, a papagaio de montaña, o mono ouveador, o esquío, a pava colorada e a pava mora.
Atractivos do Lugar O Parque Nacional Natural ofrece o servizo de ecoturismo; conta coa infraestrutura para aloxamento no sector Pilimbalá con tres cabanas coa capacidade para seis persoas cada unha e catro espazos para camping coa capacidaade par cinco persoas cada tenda. Actualmente está aberto ao público.
Pódense facer as seguinte actividade eco turísticas:
• Sendeirismo • Termalismo • Fotografía • Observación de fauna e flora • Contacto cultural
Véxase tamén Ligazóns externas Parque nacional Puracé coa ficha técnica do parque
Categoría:Parques nacionais de Colombia Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1961