Francisco Carballo Carballo, nado en Celeirón (Asadur, Maceda) o 8 de marzo de 1925 e finado en Salamanca o 29 de novembro de 2014, foi un escritor, sacerdote e teólogo galego. Traxectoria No ano 1941 marchou a Madrid para ingresar como novizo nos Paúles. Estudou Teoloxía e Historia (licenciado en 1954) en Madrid. Foi director do colexio San Narciso de Marín (1954-1958) e noutro de Barakaldo (1958-1965). Foi profesor da Igrexa no teologado San Vicente de Paúl de Salamanca, e o seu reitor (1965-1971), e no Instituto Teolóxico Gaudium et Spes (1965-1973). En 1973 trasladouse a Vigo como profesor da Escola Universitaria de Maxisterio.

Foi un dos fundadores do semanario A Nosa Terra en 1977 e un colaborador constante. Ten colaboracións n'A Trabe de Ouro e Encrucillada.

Presentouse como candidato ao senado polo BNPG nas eleccións de 1979. En 1981 foi condenado a seis meses e un día de prisión menor e a 20.000 pesetas de multa por calumnias á policía no libro Historia de Galicia, editado en 1979 pola Asemblea Nacional-Popular Galega..

Desde que se xubilou viviu no Morrazo. Finou en Salamanca o 29 de novembro de 2014.

Obra en galego Ensaio A igrexa galega, 1995, A Nosa Terra. Alexandre Bóveda, 1999, A Nosa Terra. Breve historia de Galiza, 2000, A Nosa Terra. Martín Sarmiento, 2002, A Nosa Terra.

Libro de conversas Conversas con Francisco Carballo, con Santiago Prol e Xan Carballa, 2002, A Nosa Terra.

Obras colectivas Historia de Galicia, 1979, Frente Cultural da ANPG. Castelao contra a manipulación, 1984, Xistral. A nosa literatura, 1988. 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990. Historia de Galicia, 1992, A Nosa Terra. O mundo desde aquí, 1993, IGADI. Historia Xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra. Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María. Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez. Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez.

Obra en castelán Ensaio El santuario del monte Medo, 1963.

Obras colectivas La Iglesia en la Galicia contemporánea 1931-1936, 1978, Akal. Con Alfonso Magariños.

Recoñecementos Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda en 2015.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Entrevista de Irmandade.tv

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Medievalistas Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Maceda Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2014