Manuel Bernardo Regal Ledo, nado en Chantada o 9 de febreiro de 1947, é un teólogo e escritor galego.
Traxectoria Estudou no mosteiro de Samos, profesando como frade bieito en 1969, e licenciouse en teoloxía bíblica na Universidade de Deusto. Está vencellado ás revistas Irimia e Encrucillada e ao movemento de renovación cristiá e galeguista que estas preconizan. Colaborou na edición da Biblia á lingua galega desde os textos orixinais traducindo os libros dos Macabeos, a Carta aos Colosenses de San Paulo e parte das Cartas Católicas.A Biblia, Vigo, 2ª ed., 1992, páx XIII e XIV Desde 1993 é educador no Proxecto Home de Lugo.
Obra en galego Poesía Un caxato para o camiño, 1988. Chorimas, 1991, SEPT.
Ensaio e traducións Co evanxeo pola man. Comentarios, pregarias e preces sobre o evanxeo de cada domingo, 1992, SEPT. Benqueridos amigos. Comentarios, pregarias e preces sobre o Evanxeo de cada domingo. Ciclo B, 1993, SEPT. Convocados para a irmandade. Comentarios, pregarias e preces sobre o Evanxeo de cada domingo. Ciclo C, 1994, SEPT. No nome do pai. Cadernos de oración, 1996, SEPT. A partir de hoxe, 2000, SEPT. Xuntos facemos pobo, 2001. Roxelio Subiela Ledo. A gracia dun home de aldea, 2003, Irimia. A graza daquel verán. Reflexións e pregarias desde os exercicios espirituais na vida diaria, 2009, Encrucillada. Terra de seu. Breve historia do campesiñado galego, 2009, Movemento Rural Cristián de Galicia. Xesús, aquel home de aldea, 2009. Os Salmos hoxe. Versión oracional á luz do Evanxeo, 2012, SEPT.
Obras colectivas Historia da Igrexa Galega, 1994, SEPT (en colaboración con José García Oro e Arximiro López Rivas). Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. As monxas de Abadín: froitos dunha árbore de vida, 2012.
Obra en castelán Ensaio Las comunidades terapéuticas de Proyecto Hombre. Historia, balance y perspectivas, 2010, Sotelo Blanco.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995 páx. 496-497
Ligazóns externas Biografía en galegos.info
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Teólogos católicos Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes