Grisén é un pequeno concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Ribera Alta del Ebro. A súa poboación era de 477 habitantes en 2004.
Atópase a 27 km da cidade de Zaragoza, o concello, cunha altura media de 250 msnm, ten unha superficie de 4,8 km² e unha densidade de poboación de 101,27 hab/km² (2004).
Xeografía Está situado sobre materiais cuaternarios do Jalón, preto deste río e do Canal Imperial de Aragón.
Nome O nome parece remontarse a un antropónimo romano, Grisius.
Festas San Miguel, 29 de setembro. San Martiño, 11 de novembro.
Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza