O Igrexario é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 47 habitantes (26 homes e 21 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2010, cando tiña 54 habitantes.
O lugar recibe o nome da igrexa parroquial alí situada, sendo o templo actual de 1888. Preto dela está o peto de ánimas de Aguasantas, de mediados do século XX, así como varios cruceiros, algún deles de Xosé Cerviño García.
Lugares e parroquias Lugares de Aguasantas
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade