miniatura|Centro de Amarillo
Amarillo (æməˈrɪlɵ) é unha cidade do oeste de Texas, Estados Unidos. No ano 2000 tiña unha poboación de 173.627, sendo a 14ª cidade máis habitada do estado. É a capital do condado de Potter. Un cacho da cidade esténdese polo condado de Randall. Toda a área metropolitana de Amarillo ten unha poboación estimada de 236.113 habitantes esparexidos por catro condados.
Amarillo, orixinalmente chamado Oneida, está situado na rexión do Llano Estacado.Rathjen, Fredrick W. The Texas Panhandle Frontier (1973). pg. 11. The University of Texas Press. ISBN 0-292-78007-9. O ferrocarril provisto por Fort Worth and Denver Railway contribuíu ao crecemento da cidade como mercado de gando a finais do século XIX. Amarillo é o centro económico da panhandle de Texas, e é economicamente importante para Novo México Oriental e a panhandle de Oklahoma.
Linguas Inglés 81,1%, Castelán 16%, Laosiano 0,7%, Vietnamita 0,6%
Historia En 1541 o conquistador español Francisco Coronado foi o primeiro europeo en chegar á rexión da actual Amarillo, pero non foi ata 1887 en que se funda a actual Amarillo. En 1918 descóbrese petróleo, comezando a prosperidade da cidade, coa instalación na cidade de compañías de petróleo e gas
Economía Coñecida como a capital do petróleo dos Estados Unidos, é asemade un dos maiores produtores de helio. Tamén é importante a produción de carne de vaca, procedente das cabana da comarca.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial do condado de Amarillo
Categoría:Cidades de Texas