Tordera é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado no extremo oriental da comarca do Maresme.
Toponimia Tordera recibe o nome do río Tordera, o cal pasa polo municipio. Durante a Idade Media, chamaban ao río Tordaria, o que fai pensar que podía facer referencia a «terra de tordos»" (máis coñecido como merlo), ademais de ter en conta que estes paxaros eran moi abundantes polo municipio. Mesmo o escudo heráldico de Tordera, figura un merlo (en catalán 'tord').
Xeografía Tordera comprende un termo municipal grande, cunha extensión de 84,6 km2, sendo o municipio máis grande de toda a bisbarra.
Atópase ao lado do Parque Natural do Montnegre e o Corredor. O río a Tordera pasa pola esquerda do núcleo urbano e o núcleo urbano atópase situado nun outeiro.
Dous terzos de territorio é montaña, o resto é plano. O punto máis alto do municipio é o outeiro de N 'Alomar, de 701 msnv e o cume de Hortsavinyà, de 572 msnv.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010 3.048 3.357 3.5936.4317.5469.79815.641
Economía Todera xa non se basea unicamente na agricultura e a cortiza como antigamente, pois os recursos hidráulicos do río favoreceron a implantación do sector téxtil e o sector da construción.
Comunicacións Ferrocarril: Estación de Tordera de Cercanías Renfe de Barcelona (liña 1). Hai unha liña de autobuses que vai cara a Barcelona. Dispón dunha liña de autobús con paradas en Tordera, Palafolls, Malgrat de Mar, Santa Susanna, Pineda de Mar e Calella Dispón de autobús municipal. Dispón de estradas como a N-II, AP-7 á altura de Hostalric e a C-32.
Lugares de interese No centro atópase a Igrexa parroquial de Santo Estevo, de orixe románica (consérvase parte do altar) e foi reconstruída nos século XVI e XVIII. Así mesmo, hai que destacar a súa beleza de paisaxe, polos seus grandes bosques e pradarías. Como tamén se destacan todas as ermidas que dispón a vila (Arola, Santo Andrés...) e por último destacar o parque prudencia que se sitúa na illa que forma o río polo paso polo municipio.
Festas e feiras Fira Mercat do Ram. Feira de grande importancia agrícola e gandeira que se celebra o domingo de ramos, con sinaturas nacionais e internacionais. San Poncio mártir. O 11 de maio, celébrase a festividade de San Poncio mártir, onde toda a poboación se despraza ata a ermida que leva o seu nome para veneraren o santo e pasaren un día no campo. Correfoc de Tordera. O 23 de agosto, organizada pola Colla de Diables de Tordera. Festa Maior. Celebrada o 24 de agosto. Festa de San Xoán. Celebrada o día de San Xoán, o 24 de xuño.
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya Rede sen cables de Tordera Club basket Tordera