Francesc de Borja Moll i Casasnovas, nado en Ciutadella de Menorca o 10 de outubro de 1903 e finado en Palma en 1991, foi un lingüista e filólogo menorquín. Autor de numerosas obras sobre a lingua catalá e as variantes faladas nas Illas Baleares, foi o principal colaborador de mosén Antoni Maria Alcover i Sureda na elaboración do Dicionario catalán-valenciano-balear.
Traxectoria Estudou no seminario de Palma. A pesar de que non realizou estudos universitarios, a colaboración con Antoni M. Alcover permitíulle o contacto con lingüistas como Wilhelm Meyer-Lübke, Leo Spitzer ou Bernhard Schädel. En 1921 instalouse en Mallorca e traballou ao lado de Alcover na preparación do Diccionari català-valencià-balear. Alcover formouno para que fose o seu continuador: fíxoo ir a Alemaña a estudar lingüística. En 1932, logo da morte do seu mestre, F. B. Moll continuou o Diccionari e o Bolletí cun criterio máis rigoroso: aplicou as normas ortográficas de Pompeu Fabra, que o padre Alcover non utilizara en vida porque andaba rifado co Institut d’Estudis Catalans. Moll faleceu en 1991.
Fillos Aina Moll (1930), filóloga. Josep Moll (1934-2007), político. Joan Moll (1936), pianista.
Obra publicada Suplement catalá al "Romanisches etymologisches wörterbuch" (1931). Cançons populars mallorquines (1934). Rudiments de gramàtica normativa (1952). Els llinatges catalans (1959, ISBN 84-273-0425-0). Un home de combat: Mossèn Alcover (1962). Epistolari del Bisbe Carsalade a Mossèn Alcover (1965, ISBN 84-273-4042-7). Cinc temes menorquins (1979). Els meus primers trenta anys 1903-1934 (1970, ISBN 84-273-0201-0). Polèmica d'en Pep Gonella (1972). L'home per la paraula (1974, ISBN 84-273-0371-8). Els altres quaranta anys 1935-1974 (1975, ISBN 84-273-0408-0). Diccionari Català-Castellà (1977). Diccionari Castellà-Català (1978). El parlar de Mallorca (1980, ISBN 84-273-0633-4). Textos i estudis medievals (1982, ISBN 84-7202-517-9). Aspectes marginals d'un home de combat (Mossèn Alcover) (1983). Autobiografía intelectual, in Anthropos 44, 1984, p. 7. L'aventura editorial d'un filòleg, in Anthropos44, 1984, p. 17. Curso breve de español para extranjeros: elemental (1991, ISBN 84-273-0030-1 ). Curso breve de español para extranjeros: superior (1991, ISBN 84-273-0349-1). Promptuari d'ortografia (1999, ISBN 84-273-0032-8). Epistolari Joan Coromines-Francesc de Borja Moll (2000). Diccionari escolar Català-Castellà, Castellà-Català (2001, ISBN 84-273-0836-1). Exercicis de gramàtica (ISBN 84-273-0180-4). Gramàtica catalana (ISBN 84-273-0044-1). Llengua de les Balears 1 (ISBN 84-273-0002-6). Llengua de les Balears 2 (ISBN 84-273-0004-2).
Galardóns 1983: Medalla de Ouro da Generalitat de Cataluña. 1983: Medalla de Ouro da Comunidade Autónoma das Illas Baleares.
Bibliografía Ferran Lupescu, "Francesc de B. Moll, cartògraf: la cartografia lingüística en l'obra de Moll". Llegir, any X, núm. 41 (3º trimestre 2003), p. 19-24. Joan Miralles i Monserrat, Francesc de B. Moll i la llengua literària, Universitat de les Illes Balears. Departament de Filologia Catalana i Lingüística General, Publicacións da Abadía de Montserrat, Barcelona, 2005. ISBN 84-8415-716-7. "Francesc de B. Moll: la lexicografía, historia y documento de comunicación social", in Anthropos 44, 1984, p. 2. "Bibliografía de Francesc de B. Moll", in Anthropos 44, 1984, p. 10. F. B. Moll, "L'home per la paraula", 1ª edició: 1974.
Véxase tamén Ligazóns externas Web sobre o autor na AELC Artigos con ocasión do Ano Francesc de B. Moll
Categoría:Lingüistas de España Categoría:Personalidades das Illas Baleares Categoría:Filólogos de España Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Nados en Ciutadella de Menorca