A Ponte Borela é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 35 habitantes (18 homes e 17 mulleres), 5 máis ca en 2006.

Neste lugar atópase a capela da nosa Señora de Lourdes, moi preto da ponte medieval sobre o río Almofrei que dá nome ó lugar. A capela é de planta rectangular e cuberta a dúas augas, cunha porta de arco de medio punto. A ponte, do século XV, é dun van de arco oxival, de 8,15 metros de luz. Tamén hai un cruceiro de 1843.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Borela

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade