Joseph-Maria Piel, quen adoitaba asinar como Joseph M. Piel, nado en Mörchingen (Lorena) o 8 de xuño de 1903 e finado en Tréveris o 28 de maio de 1992, foi un filólogo e lingüista alemán, destacado polos seus estudos romanísticos e especialmente no ámbito galego-portugués, ó que dedicou boa parte dos seus traballos a antroponimia e toponimia.
Traxectoria Naceu en Lorena, daquela incorporada a Alemaña. Pasou a súa infancia en Tréveris, onde estudou bacharelato. Estudou Filoloxía nas universidades de Friburgo, Berlín e Bonn, especializándose en Filoloxía Románica. Foi discípulo directo de Wilhelm Meyer-Lübke, naquela época a figura dominante da romanística. Piel inclinouse primeiramente polo francés, sobre o cal versou a súa tese doutoral (Die Mundart von Courtisols bei Châlons, "O dialecto de Courtisols en Châlons").
Poucos anos despois pasou a Portugal, onde en 1929 era profesor axudante na Universidade de Coímbra. Casou en Lisboa, coa filla dunha familia de comerciantes alemáns alí asentados. En 1938 accedeu a unha cátedra na Facultade de Letras de Coímbra, o que lle permitiu librarse da guerra nos anos seguintes. En 1953, volveu ó seu país natal, no que exerceu a cátedra de Filoloxía Románica na Universidade de Colonia, posto que ostentaría até 1968, data na cal regresou a Lisboa, aínda que alternaba con estadías en Tréveris. En 1978 foi nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, mais o acto, o 20 de xaneiro de 1980, ficou embazado por incidentes estudantís.
Joseph Piel é considerado como a gran figura da romanística que deu a coñecer o galego como unha lingua independente dentro da Romania. O seu discípulo máis directo cóidase que é o doutor Dieter Kremer, aínda que se pode citar tamén a Walter Metmann e mais o filólogo galego Ramón Lorenzo Vázquez, que coñeceu a Piel sendo lector na Universidade de Colonia entre 1962 e 1968.
Obra selecta Contribuções para o léxico etimológico português. Coímbra. Universidade de Coímbra. 1930. Os nomes germânicos na toponimia galego-portuguesa. Lisboa. Centro de Estudos Filológicos. Vol. I, 1936. Vol. II, 1945. Miscelânea de etimologia portuguesa e galega (primeira série). Coímbra. 1953, XII + 391 páxs. Hispano-gotisches Namenbuch (con Dieter Kremer). Heidelberg. 1976.
Gramática Observações acerca do vocalismo mirandês, in Biblos, VI, 1930, páxs. 187-190. A formação dos substantivos abstractos em português, in Biblos, XVI, 1940, páxs. 211-273. Considerações sobre a metafonia portuguesa, in Biblos, 18, 1942, páxs. 365-371.
Léxico e etimoloxía Os nomes populares da codorniz, in Revista de Portugal, série A, XV, 1949, paxs. 57-65. Do grego-latino thalamus ao brasileiro tambo, in Ibérida, I, 1959, páxs. 63-68. Beiträge zu einem galizischen etymologischen Wörterbuch, in Wort und Text. Festschrift für Fritz Schalk. Frankfurt am Main. 1963, páxs. 83-100. Caractères Généraux et Sources du Lexique Galicien, in Actes du Xème Congrès International de Linguistique et Philologie Romane, III, París. 1965 Apontamentos de etimologia galega, in Estudos Filológicos. Homenagem a Serafim da Silva Neto. Río de Xaneiro. 1967, páxs. 149-154. Uma etimologia bem estabelecida, aventurosamente contestada: bravo < barbarus, in Verba. Anuario Galego de Filoloxía, 3, 1976, páxs. 5-10. Galego abouxar, sardo (a)boginare, português bugiar, español voznar, in Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, 32, 1976, páxs. 461-466.
Onomástica e toponimia As águas na toponímia galego-portuguesa, en Boletim de Filologia, VIII, 4, 1945-1947, páxs. 305-342. Nomes de possessores latino-cristãos na toponímia asturo-galego-portuguesa, en Biblos, XXIII, 1947, páxs. 143-202 e 283-407. Nomes de lugar referentes ao relêvo e ao aspecto geral do solo, en Revista Portuguesa de Filologia, I, 1947, páx. 168 e ss. Die ältesten Personennamen Kataloniens in ihrem Verhältnis zu den altspanischen und altsportugiesischen. Barcelona. 1954. Antroponimia germánica, en Enciclopedia Lingüística Hispánica, t. I. Madrid. 1960, páxs. 421-444. Miscelânea toponímica peninsular, en Revista Portuguesa de Filologia, I, páx. 221 e ss. Sobre uma suposta identificação do topónimo galego-português Groba, Grova etc, com o etnónimo pré-romano Grovii, en Verba. Anuario Galego de Filoloxía, 1, 1974, páxs. 62-67. Vilarmosén, Rosén e outros topónimos congéneres da província de Orense, en Boletín Auriense, tomo 5, 1975, páxs. 287-289. Sobre miragens de pré-história onomástico-lexical galega, a propósito do galego Becerreá, en Grial, 64, 1979, páxs. 129-139. Respiga de antro-toponímia galega de origem latina, en Verba. Anuario Galego de Filoloxía, páxs. 125-152.
Edicións de obras literarias Livro dos Oficios de Marco Túlio Cicerón do qual tirou linguagem o Infante D. Pedro. Coímbra. Universidade de Coímbra. 1948. D. Duarte, Livro da ensinança de bem cavalgar toda sela. Lisboa. Casa da Moeda. 1986.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lorenzo Vázquez, R. (1992). "Joseph M. Piel" in Verba. Anuario Galego de Filoloxía, 19, páxinas 491-500.
Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Nados no departamento de Mosela Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega