Biota é un concello español da provincia de Zaragoza, en Aragón, situado na comarca das Cinco Villas. A poboación é de 1143 habitantes. O seu termo municipal ocupa unha área de 118,4 km².

A capital municipal dista 103 km de Zaragoza. A localidade de Malpica de Arba pertence ao seu concello.

Monumentos Igrexa de San Miguel, de estilo románico. Varias das súas esculturas son obra do chamado Mestre de Agüero ou Mestre de San Juan de la Peña.

Festas 15 de maio 29 de agosto

Véxase tamén

Outros artigos Cinco Villas

Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza