Milena Markovna Kunis (ucraíno: Мілена Марківна Куніс, ruso: Милена Марковна Кунис), nada en Chernivtsi (Ucraína) o 14 de agosto de 1983, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria Kunis naceu na RSS de Ucraína nunha familia xudía asquenací na que é a primoxénita. A súa nai, Elvira, é profesora de física, e o seu pai, Mark, enxeñeiro mecánico. A súa familia mudouse aos Ánxeles en 1991 tras separárense a súa nai e o seu pai. Segundo ela mesma ten comentado, mellorou o seu inglés vendo o concurso de televisión The Price is Right. Nos Ánxeles estudou na Hubert Howe Bancroft Middle School. Recibiu clases particulares mentres traballaba na serie That 70's Show. Cando non estaba no plató, estudaba na Fairfax Senior High School.
Carreira Aos nove anos compaxinaba o colexio coas clases de interpretación na Beverly Hills Studios, onde coñeceu á súa representante Susan Curtis. Empezou aparecendo en carteis, catálogos e anuncios de televisión de produtos infantís da marca de Lisa Frank, bonecas Barbie e zapatos Payless Shoes. Tamén traballou como modelo para Guess?, Girls Clothing Campaign. O seu primeiro papel televisivo foi a moza Hope Williams nun episodio da popular Soap opera Days of Our Lives.
Antes de actuar en That 70's Show, Kunis apareceu en películas coma Santa With Muscles, Honey, We Shrunk Ourselves coma personaxe secundaria e na película de Angelina Jolie, GIA. Tamén tivo un pequeno papel en 7th Heaven coma némese de Lucy.
En 1998 entrou a formar parte do elenco da serie That 70's Show como Jackie Burkhart. No cásting estableceuse que o papel de Jackie debería ser interpretado por unha rapaza maior de 18 anos. Kunis apuntouse ao cásting e alegou que "no seu aniversario" chegaría á idade marcada (aínda que nunca especificou a que aniversario se refería). Realmente a actriz tiña 14 anos no momento, dato que foi descuberto despois de conseguir o papel, a pesar do cal puido conservalo malia engañar aos directores. Foi considerada coma a persoa que mellor encaixaba co personaxe e valoraron a súa creatividade á hora de conseguir a audición a pesar da súa idade.
A súa participación na serie deuna a coñecer entre o gran público estadounidense. A súa interpretación recibiu sete candidaturas aos Teen Choice Award de Nickelodeon, pero nunca gañou. Kunis, pola súa parte, comentou en multitude de ocasións que non se parece en nada a Jackie na vida real.
Actualmente Kunis é a voz de Meg Griffin na serie de animación Family Guy, e no 2007 recibiu unha candidatura o Annie Award. Tamén pon voz a varios personaxes de Robot Chicken, un programa enmarcado dentro do bloque Adult Swing de Cartoon Network. Tamén entrou no mundo dos videoxogos coma dobradora de Tanya no Saints Row, do mesmo modo que repetiu coma Meg, esta vez na adaptación no videoxogo de Family Guy.
Por outro lado, apareceu en vídeos musicais, coma "Jaded" de Aerosmith, "The Itch" de Vitamine C, "The End Has No End" de The Strokes e "LA Girls" de Mam Taylor xunto a Joel Madden, no que tamén saíu Carmen Electra.
Kunis foi modelo para revistas coma Stuff e Maxim.
Respecto a aparicións en películas tivo papeis importantes en Get Over It xunto a Kirsten Dunst, American Psycho II: All American Girl con William Shatner, After Sex, Boot Camp e Moving McAllister con Jon Heder.
A súa aparición máis recentes na pantalla grande foi interpretando a Rachel Jansen na película de 2008 Forgetting Sarah Marshall, compartindo cartel xunto a Jason Segel, Kristen Bell, Russell Brand, Jonah Hill e Bill Hader. A súa interpretación recibiu outra nomeamento para os Teen Choice Award. No 2008 participou xunto a Mark Wahlberg e Ludacris na película Max Payne.
Filmografía + Cine Ano Título Papel Notas 1995 Make a Wish, Molly Melinda 1995 Piranha Susie Grogan Telefilme 1996 Santa with Muscles Sarah 1997 Honey, We Shrunk Ourselves Jill Estrea en vídeo 1998 Gia Gia at Age 11 1998 Krippendorf's Tribe Abbey Tournquist 1998 Milo Martice Sen acreditar 2001 Get Over It Basin 2002 American Psycho 2 Rachael Estrea en DVD 2004 Tony n' Tina's Wedding Tina 2005 Stewie Griffin: The Untold Story Meg Griffin (voz) Estrea en vídeo 2007 After Sex Nikki 2007 Moving McAllister Michelle 2007 Boot Camp Sophie 2008 Forgetting Sarah Marshall Rachel Jansen 2008 Max Payne Mona Sax 2009 Tom Cool Little Boy Matson 2009 Extract Cindy 2010 The Book of Eli Solara 2010 Date Night Whippit 2010 Black Swan Lily 2011 Friends with Benefits Jamie Rellis 2012 Ted Lori Collins 2012 Tar Catherine 2013 Oz: The Great and Powerful Theodora 2013 Blood Ties Natalie 2013 Hell & Back Deema (voz) 2013 The Angriest Man in Brooklyn 2014 The Third Person
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados na rexión de Chernivtsi Categoría:Nados en 1983