Manuel Pascual Amor Meilán, nado na Coruña o 31 de xaneiro de 1867 e finado en Lugo o 9 de decembro de 1933, foi un antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego."Amor Meián, Manuel" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Traxectoria Traballou como funcionario na Deputación de Lugo. Foi redactor e despois director durante vinte anos de El Regional, dirixiu a efémera La Ilustración Gallega e tamén dirixiu o xornal La Provincia. Colaborou noutras publicacións como La Ilustración Artística, Revista de España, La Ilustración Ibérica.

Investigou a existencia humana en covas (como a cova do Rei Cintolo de Mondoñedo) nas fases interglaciares cuaternarias, seguindo a investigación de José Villaamil Castro. Cría na orixe céltica de castros e mámoas, e opinaba que "modernas investigacións antropológicas certifican a raza alpina o céltica en Galicia", afirmación contida en Historia de la provincia de Lugo (1918). Outras obras inclúen a Geografía General del Reino de Galicia, xunto con numerosos artigos en galego e castelán en diversos xornais e publicacións, usando nalgún momento o alcume de Manuel Molina Mera.

Tamén ten obra literaria. Foi un dos primeiros escritores en escribir novelas en galego, ademais de publicar numerosos relatos n' O Tío Marcos da Portela e outras publicacións.

Fundador da Real Academia Galega en 1905, tamén foi membro da Academia de Belas Artes de San Fernando, da A.B.A. de Barcelona, da A.B.A. e Ciencias de Toledo e da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. miniatura|Suriña, 1913. Obras miniatura|Geografía General del Reino de Galicia dirixida por F. Carreras y Candi. Provincia de Lugo por Manuel Amor Meilán, 1928. En galego

Treboadas, 1884 (poesía) Xuana, novela de costumes gallegas, 1886, O Galiciano (novela)

Os fillos da praia, 1887 (novela)

Reinar despois de morrer, 1897

En castelán Mendo de Maceda o los amores de un noble, 1882 (novela) Justicias y crueldades, 1883 (novela) Desde la honradez de un crimen, 1884 (novela) Pedro Madruga, 1887 (poesía) Amante, esclava y verdugo, 1888 (novela) Dolores, Álbum de mi hija, 1890 Sol y sombra. Cuentos y paisajes, 1893 El último hijodalgo, 1893, Biblioteca Gallega (relatos) Gregorio Hernández (El Murillo de la escultura), 1898 (ensaio) Santa Trahamunda, 1900 Galicia en el teatro antiguo, 1902 Influencia de la dominación musulmana en Galicia, 1902 Floralba, 1902 (poesía) La cadena, 1905 La bella Cintia, 1907 Cuentos y Romances, 1907 (narrativa e poesía) El obispo de Orense D. Pedro Quevedo y Quintano como patriota y como político, 1908 Memoria crítico-bibliográfica sobre el teatro regional gallego, 1912 Suriña, Biblioteca de Escritores Gallegos, 1913 (novela).Suriña, en PDF. Romances, 1916 Historia de la provincia de Lugo, 1918-27, 7 volumes Geografía General del Reino de Galicia (Tomo IV, provincia de Lugo; 1928)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Antropólogos de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1933