Lotarinxia é o nome que se lle deu ao territorio do Imperio Carolinxio que lle correspondeu ao emperador Lotario I, fillo de Lois o Piadoso e neto de Carlos o Grande, despois do Tratado de Verdún no ano (843).
Xeografía histórica
Tal territorio era unha longa franxa de terra que se estendía desde o Mar do Norte até a Península Itálica e ficaba comprendida entre os territorios que corresponderan aos seus irmáns: Francia occidental para Carlos o Calvo e a Francia oriental ou Xermania para Lois o Xermánico.
A Lotarinxia inicial cubría o que é hoxe:
Países Baixos. Bélxica. Luxemburgo. en Alemaña. Rin do Norte-Westfalia. Renania-Palatinado. Saarland. en Francia. Lorena. Alsacia. as rexións ao leste dos ríos Ródano, Saona, Mosa e máis do Escalda. Boa parte de Italia.
Repartimento da Lotarinxia
Estes territorios encaixaban dificilmente entre si, de xeito que tras a morte de Lotario (855) foron repartidos entre seus tres fillos:
Lois II o Mozo (875 ?), recibiu o título de Emperador de Occidente e Italia. Lotario II (869 ?), recibiu a parte Norte desde Frisia até Suíza, que foi o realmente denominado Lotarinxia logo da súa morte. Carlos da Provenza (863 ?), levou a Provenza e Borgoña.
Cando no 869 morre Lotario II, os seus territorios, é dicir a parte máis setentrional da Lotarinxia orixinaria , foron repartidos entre os seus tíos, Lois e Carlos, polo que se redefiniron as fronteiras acordadas en 843, por medio dun novo acordo: o tratado de Meerssen de 870.miniatura|300px|A Lotarinxia corresponde ao territorio en verde entre o Mar do Norte e Italia, segundo o Tratado de Verdún|centro
Lista de monarcas
Lotario I (843 - 855), emperador. Lotario II (855 - 869). Carlos II o Calvo (869 - 877), emperador. Lois II de Francia (877 - 879). Ludovico III o Novo (879 - 882). Carlos III o Gordo (882 - 887), emperador. Arnulfo de Carintia (887 - 895). Sventibaldo de Lotarinxia (895 - 900). Ludovico IV o Pegriceiro (900 - 911). Carlos III o Simple (911 - 922). Henrique I de Saxonia (922 - 936).
A partir de Henrique I o título real ficou asociado ao emperador do Sacro Imperio, entanto a administración do territorio foi asignada aos duques da Alta e Baixa Lorena.
A Lotarinxia na Idade Moderna
Xa no século XVI, durante o reinado do emperador Carlos V volveron axuntarse moitas daquelas terras baixo unha soa coroa que, ao abdicar Carlos e retirarse para o Mosteiro de Yuste, foron desgregadas do Imperio Xermánico, ao deixarllas en herdo ao seu fillo Filipe II, rei de España, que gobernaba a única potencia do momento capaz de mantelas unidas. Novamente quedou demostrada a artificiosidade de tal unión.
Véxase tamén Outros artigos Tratado de Verdún
Lotarinxia Lotarinxia