Usain Bolt, nado o 21 de agosto de 1986, en Trelawny, é un atleta xamaicano, especializado en velocidade.

Traxectoria deportiva

Estudado e criado en Xamaica, comezou a súa carreira atlética de primeira liña cando conseguiu unha medalla de ouro nos 200 m no Mundial de atletismo júnior (ademais de dúas pratas nos relevos curtos e longos), que se celebrou previsamente nesa illa en 2002. Nos mundiais xuvenís de 2003 obtivo o seu primeiro ouro, nos 200 m, cunha marca de 20,40s. En 2004 converteuse no primeiro atleta júnior en baixar dos 20 segundos nunha proba de 200 m (19,93s).

Na preparación dos Xogos de Pequín, Bolt foi batendo distintas marcas (en 2007 a marca xamaicana de 200 metros) e obtendo distintas vitorias internacionais. O seu resultado máis destacado foi a medalla de prata nos 200 metros que conseguiu nos mundial de Osaca, en 2007, por detrás de Tyson Gay. O 31 de maio de 2008 conseguía bater en Nova York o récord mundial dos 100 metros, que ata daquela posuíra o seu compatriota Asafa Powell, estabelecendo a nova marca de 9,72s.

Nos Xogos Olímpicos de Pequín do 2008 logrou as marcas mundiais de 100 e 200 metros, con 9,69 e 19,30 segundos respectivamente. A marca dos 100 metros volveuna rebaixar no mundial de Berlín de 2009, cun tempo de 9,58s, así como a de 200 metros, que deixou en 19,19s.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do atleta na web da IAAF.

Categoría:Velocistas Categoría:Atletas olímpicos de Xamaica Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Nados en Xamaica Categoría:Nados en 1986 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Xamaica Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016