O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do "Programa das Nacións Unidas para o ambiente" (PNUMA).

Historia Co "día mundial do ambiente", a organización das Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras. En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.

As principais celebracións internacionais no 2006 realizáronse en Alxeria. Ese ano o tema elixido foi Desertos e Desertificación e o lema "Non abandones os desertos!", enfatizando a importancia de protexer ás terras áridas, as cales representan máis do 40% da superficie do planeta.

En 2007 as actividades foron en Tromsø (Noruega) e o lema escollido foi "O desxeo, un asunto candente. En 2008 a sede foi Nova Zelandia, e o tema: Deixa o hábito! Cara a unha economía baixa en carbono.

Sedes Tromsø, Noruega. San Francisco, Estados Unidos. Barcelona, España. Beirut, Líbano. Shenzhen, República Popular da China. Turín, Italia. A Habana, Cuba. Adelaida, Australia. Tokyo, Xapón. Moscova, Rusia. Seúl, Corea. Istanbul, Turquía. Pretoria, Suráfrica. Londres, Reino Unido. Pequín, China. Río de Xaneiro, Brasil. Estocolmo, Suecia. Cidade de México, México. Bruxelas, Bélxica. Bangkok, Tailandia. Nairobi, Kenya.

Véxase tamén

Ligazóns externas Día Mundial del medio ambiente (Nacións Unidas) Sitio oficial Día Mundial do Medio Ambiente 2007 Sitio oficial Día Mundial do Medio Ambiente 2007 Actividades rexistradas no mundo para 2006 Día Mundial do Medio Ambiente 2006, Desertos e desertificación, páxina oficial Resolución da Asemblea Xeral A/Res/58/211, 2006: Ano Internacional dos Desertos e a Desertificación

Notas

Categoría:Conservacionismo Categoría:ONU Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas Categoría:Xuño