O XaTcobeo, coñecido ao primeiro como Dieste, foi un proxecto de picosatélite da clase CubeSat desenvolvido pola Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo liderado por Fernando AguadoDiario da Universidade de Vigo, 5 de xuño de 2008 en colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. Foi lanzado o 13 de xaneiro de 2012 mediante un foguete Vega desde o centro espacial de Kourou.

Proxecto O proxecto presentouse á Axencia Espacial Europea para a súa incorporación ao primeiro voo do foguete europeo Vega dende o Centro Espacial de Kourou na Güiana Francesa, previsto inicialmente para decembro de 2011. A súa vida útil calculábase entre 6 e 12 meses, pero mantívose activo durate dous anos e medio. O anuncio da súa inclusión fíxoo público o presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño o 5 de xuño de 2008. Prevíase un custo de 1 200 000 €, a ser financiado nun 50% polo Ministerio de Ciencia e Investigación, nun 25% por Retegal e noutro 25% pola Universidade de Vigo e o Instituto Nacional de Técnicas Aeroespaciais.

O Xatcobeo foi o primeiro satélite galegoGaliciae , 5 de xaneiro de 2008 e tiña como misión a investigación da mellora nas comunicacións por satélite. Tras finalizar a súa misión reentrou na atmosfera o 31 de agosto de 2014 e desintegrouse.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do proxecto Xatcobeo Páxina dun dos Departamentos da Universidade de Vigo implicados: Departamento de Teoría da Sinal e Comunicacións (TSC) Páxina dun dos Departamentos da Universidade de Vigo implicados: Laboratorio de Informática Aplicada (LIA) Web do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA)

Categoría:Tecnoloxía en Galicia Categoría:CubeSat Categoría:Universidade de Vigo Categoría:Satélites artificiais de España Categoría:2012 en Galicia