O abruñeiroRecibe tamén os nomes vulgares de abruñeira, abruño e ambruñeiro: Dicionario de sinónimos da lingua galega, Galaxia, 1996 ou escambrónCómpre ter en conta que o nome escambrón emprégase polo contrario no "Termos de Botánica" (2004) e no "Vocabulario forestal" (2012) do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela como sinónimo do estripeiro (Prunus spinosa) é un arbusto espiñento da familia das rosaceae. Nativo de Europa, Asia e norte de África. Chega ata os catro metros de altura e medra formando abruñedos (ou abruñais), chegando a ser ás veces tan densas que impiden o paso. É común en Galicia.

As follas son pequenas (2 a 4 cm), de cor verde apagada, o extremo en forma de punta e as beiras dentadas; son peludas nos nervios do envés.

As flores son hermafroditas e aparecen soas ou en pares, antes que as follas. Son brancas e o cáliz e corola constan de cinco pezas; contan con numerosos estames e un ovario cun estilo.

O froito, denomidado abruño, é unha drupa globosa, azul escura ou negra de 1 a 1,5 cm. Utilízase en marmeladas e fermentado produce o viño da abruñeira; macerado en augardente produce un licor denomidado en Navarra pacharán.

En Galiza é común en zonas de baixa e media altitude, formando sebes e en bosques illados. As especies silvestres reciben tamén o nome de espiño, ameixeira brava e escambroeira. O nome de ameixeira brava tamén se lle dá ao Prunus domestica subsp. insititia, especie coa cal é doado confundir o abruñeiro.

O cerolleiro é unha variedade de abruñeiro que dá o cerollo, un abruño doce.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Abruñeiro dos xardíns

Categoría:Prunus Categoría:Árbores de Galicia Categoría:Flora da Europa Atlántica Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753