Este artigo trata sobre o narrador galego de Vilaboa Manuel Lourenzo González, para o actor e autor teatral Manuel Lourenzo Pérez, de Ferreira do Valadouro, véxase Manuel Lourenzo. miniatura|De esquerda a dereita, Anxo González Guerra, Manuel Lourenzo González e Manuel Bragado na presentación de Ceiba de luz no Ateneo de Pontevedra no 2017. Manuel Lourenzo González, nado en Paredes (Vilaboa) o 3 de marzo de 1955, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Pedagoxía na USC, foi profesor de EXB e despois de secundaria de Lingua e Literatura Galegas, catedrático desde o 2009, no IES Torrente Ballester de Pontevedra ata a súa xubilación. Autor polifacético, ten publicados libros de relatos, novelas, teatro, ademais de obras de literatura infantil e libros de texto.

É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter, entre eles a revista Retranca.

Participou en numerosas empresas de carácter cultural, dirixiu a A.C. Maio Longo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coordinou a Semana da Educación ou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Obra Novela Arqueofaxia (1995). Xerais. 279 páxs. ISBN 84-7507-958-X. O xardín das pedras flotantes (2008). Xerais. 528 páxs. ISBN 9788497829083. ePub: ISBN 978-84-9914-423-8. Atl (2012). Xerais. 536 páxs. ISBN 978-84-9914-381-1. ePub: ISBN 978-84-9914-641-6.

Relatos Algúns outros (1991). Ed. do Cumio. ISBN 978-8487126390.

Da esfinxe (1992). Baía Edicións. 184 páxs. ISBN 978-8487674600. As paisaxes compartidas (1996). Laiovento. 142 páxs. ISBN 978-84-87847-77-3. Noites de papel (1996). Xerais. 212 páxs. ISBN 978-8483020852. Infidelicidades (2001). Ed. Positivas, Narrativas Quentes. 180 páxs. ISBN 978-84-87783-75-9. Cegoñas no fondo da ría (2015). Urco. 266 páxs. ISBN 978-8415699460. É unha colección de 25 “atopocronías”, sucesos nos que se cruzan os sendeiros das realidades posíbeis e que conforman un corpus mítico-histórico-marabilloso dunha (outra) cidade de Pontevedra.

Literatura xuvenil No outono das fragas (1992). Planeta & Oxford. 104 páxs. ISBN 9788498111057. Tanis I o Mocos (1998). Xerais, Merlín. 144 páxs. Ilustracións de Santy Gutiérrez. ISBN 978-84-8302-618-2 (10 ed.). O que é a vida (2001). Xerais, Fóra de Xogo. 192 páxs. ISBN 978-84-8302-633-5 (3ª ed.). Estanislao, príncipe de Sofrovia (2002). Xerais. 160 páxs. Ilustracións de Santy Gutiérrez. ISBN 978-84-9782-500-9 (4ª ed.). Irmán do vento (2003). Xerais, Fóra de Xogo. 208 páxs. ISBN 978-84-9782-055-4 (15ª ed). ePub: ISBN 978-84-9914-546-4. Foi traducida ao inglés. Ela atopa un nome (2005). Editorial Luis Vives (Edelvives). 184 páxs. ISBN 978-8426356598. Foi traducida ao castelán. Unha pantasma no colexio (2006). Rodeira. 168 páxs. ISBN 978-8483490228. Foi traducida ao castelán. O día despois do día (2007). S.M. Col. O Barco de Vapor. 128 páxs. ISBN 978-8498541410. Foi traducida ao castelán. Mundo Arb (2012). S.M. Col. O Barco de Vapor. 208 páxs. ISBN 978-8498542745. Foi traducida ao castelán. Flor de area (2013). Xerais, Fóra de Xogo. 304 páxs. ISBN 978-84-9914-493-1. ePub: ISBN 978-84-9914-542-6. Ceiba de luz, 2017. 344 páxs. ISBN 978-84-9121-276-8. ePub: ISBN 978-84-9121-270-6.

Literatura infantil Animais de compañía (1998). Kalandraka. 40 páxs. ISBN 978-8484643296. Traducida ao castelán en Kalandraka (2017).

A leiteira (1999). Con F.L. Juárez. Kalandraka. ISBN 978-8495123572. O patadón (2001). Xerais, Merliño. 32 páxs. Ilustracións de Andrés Meixide. ISBN 978-84-8302-687-8 (2ª ed.). Piñeco (2004). Everest Galicia. Ilustracións de Manuel Uhía. 48 páxs. ISBN 9788440305237.

Teatro Auto do Entroido (1995). AS-PG. ISBN 84-920453-5-3. Texto na BVG A música da noite (2001). Ediciós do Castro, 119 páxs. ISBN 9788484850151.

Libros de didáctica

Lingua galega e Literatura 3. A descrición (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1995, 126 páx. ISBN 9788475079202 Lingua galega e Literatura 3. A narración (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 135 páx. ISBN 9788475079660 O diálogo. Lingua galega e Literatura 4 (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 136 páx. ISBN 9788483020357 Lingua galega e Literatura 4. A exposición e a argumentación (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1998, 150 páx. ISBN 9788483023037

Obras colectivas Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991) (1992). Ediciós do Castro. Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais. Novo do trinque (1997). BNG. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008) Xerais. Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia. Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica (2015). Urco Editora/Contos Estraños. "Dúas couselas de Castelao", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.

Premios 1990: Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo por O xardín onde repousa o vento.

1990: O Facho por A galiña, o lagarto e o burro. 1994: Premio Carvalho Calero por As paisaxes compartidas. 1995: O Facho por Auto do Entroido. 1995: Premio García Barros por Arqueofaxia. 1997: Premio Café Dublín por Noites de papel. 2001: Premio Estornela por A música de noite. 2002: Premio Narrativas Quentes por Infidelicidades. 2003: Premio Merlín por Irmán do Vento. 2003: Premio Frei Marín Sarmiento por Irmán do Vento. 2008: Premio Xerais de Novela por O xardín das pedras flotantes. 2011: Premio Blanco Amor de novela por Alt. 2011: Premio O Barco de Vapor por Mundo Arb. 2017: Premio Jules Verne por Ceiba de luz.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog Batume, sobre O Xardín das pedras flotantes. Entrevista do alumnado de Literatura Galega do século XX do IES Manuel García Barros.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Premio Carvalho Calero Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Premio Jules Verne Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Nados en Vilaboa Categoría:Nados en 1955 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de literatura erótica Categoría:Gañadores do Premio García Barros