Óscar Guimeráns Rodríguez, nado en Monte Porreiro (Pontevedra, Pontevedra) o 31 de outubro de 1986, é un exfutbolista galego.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores da ACD A Seca, onde estivo ata os 14 anos. Probou sorte no Valencia CF, pero non se adaptou e ó pouco regresou a Galiza, indo ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Permaneceu cinco campañas nas súas filas, chegando a debutar na Terceira División co Deportivo B na tempada 2005–06, co que loitou por ascender a Segunda División B en 2006.

Un ano máis tarde incorporouse ao Portonovo SD, converténdose en fixo nas aliñacións do club. Xogou 37 partidos nos que anotou 10 goles e deu 9 asistencias, rematando a tempada na oitava posición.

No verán de 2007 optou por fichar polo Pontevedra CF, en Segunda División B.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es Datos do xogador en futbolme.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Futbolistas de Pontevedra Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Portonovo SD Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes