Friedrich Gottlieb Klopstock, nado en Quedlinburg o 2 de xullo de 1724 e finado en Hamburgo o 14 de marzo de 1803, foi un poeta alemán.

Traxectoria Antigo alumno da escola de Schulpforta, estudou teoloxía nas universidades de Jena e Leipzig. Discípulo de Johann Jakob Bodmer e da escola suíza, descubriu con entusiasmo a obra de John Milton. Consagrouse coas súas primeiras odas (An Meine Freund, 1747). En 1748 decidiu escribir unha epopea relixiosa chamada Messias, a cal se dedicou durante vinte anos. Con esta obra en vinte cantos, converteuse no poeta máis admirado das novas xeracións.

Dedicouse tamén ao teatro. Escribiu inicialmente traxedias: A morte de Adán (1757) e Salomón (1763). No entanto, destacouse co teatro patriótico, representado pola triloxía centralizada no personaxe Hermann, heroe da resistencia da vella Xermania aos romanos.

Mais pasou gran parte da súa vida en Dinamarca, onde recibía unha pensión do rei Federico V, fon un dos precursores do movemento nacional en Alemaña. Saudou con estusiasmo as revolucións americana e francesa. Por iso, cando a República Francesa quixo facelo cidadán honorario, Klopstock recusou en sinal de protesta contra os excesos da revolución en Francia. Contribuíu nos campos da filoloxía e da historia da literatura.

Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Nados en 1724 Categoría:Nados en Quedlinburg Categoría:Finados en 1803