thumb|Vista aérea O Circuíto de Suzuka (鈴鹿サーキット Suzuka Sākitto) é un autódromo de 5´807 km. de lonxitude localizado Ino, na cidade de Suzuka, Prefectura de Mie, Xapón e operado por Honda Mobilityland, unha filial de Honda Motor Co, Ltd. É a sede do Gran Premio do Xapón de Fórmula 1 e da Super Fórmula xaponesa. Utilizado tamén para outros eventos do deporte do motor, trátase dun dos circuítos máis antigos e famosos do Xapón. O Circuíto de Suzuka aparece de forma consecutiva no calendario da Fórmula 1 desde . Ten unha capacidade de 155.000 espectadores.
Características
Deseñouno polo holandés John Hugenholtz en 1962, e desde entón é coñecido como un fantástico circuíto para probas debido á súa gran variedade de curvas. O trazado ten forma de oito. É o único circuíto do calendario da F1 que ten esa configuración (cruzándose no Degner Two/130R), creando un repartimento equitativo de xiros á dereita e esquerda.
Capacidade espectadores: 155.000 Lonxitude do circuíto: 5´807 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 53 voltas = 307´471 quilómetros. 18 curvas en total. Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 324 km/h con DRS, 312 km/h sen DRS Aceleración a fondo:70 % do tempo de volta. Tempo de freado: 10% do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: 148 quilos Consumo de combustible: 2´73 kg por volta. Cambio de marchas por volta: 46 Número de zonas de freado: 9 Desgaste dos freos: baixo Desgaste dos pneumáticos: Distancia dos Boxes: 400 m. Aprox. Perda de tempo nunha parada en boxes: 16´8 segundos Tempo total necesario para a parada en boxes: 22 segundos (media) Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´385 segundos. Marca volta: Kimi Raikkonen McLaren, 1.31.540 en
Historia
Deseñado como unha pista de probas de Honda en 1962 polo holandés John Hugenholtz, Suzuka é un dos poucos circuítos no mundo en ter un trazado deseñado en forma de "8". Naturalmente, non existe intersección algunha na pista, senón que unha sección da pista pasa por encima da outra por medio dunha ponte.
O circuíto modificouse tres veces:
En 1983 instalouse unha chicane na última curva para frear os coches na recta de boxes e a curva de Degner converteuse en dúas curvas en lugar dunha longa curva, o circuíto tamén se fixo moito máis seguros no ano 1983 mediante a adición de máis barreiras de seguridade, máis zonas de escape e a eliminación das pacas de palla;
En 2002, a chicane foi lixeiramente modificado, a curva 130R (marcado como 15 no diagrama) tamén foi modificada e algunhas das curvas en S (3, 4, 5, 6) fíxeronse un pouco máis rectas e máis rápidas;
En 2003, a chicane fíxose un pouco máis rápida e máis preto da 130R.
O circuíto pódese utilizar en tres configuracións, o circuíto completo, ou as configuracións "Suzuka leste" ou "Suzuka oeste". A parte "Leste" da pista consiste na recta de boxes e a primeira metade da curva Dunlop (curva 7), antes de dirixirse de novo á recta de boxes a través dunha estreita curva a dereitas. A pista "Oeste" componse da outra parte do circuíto, incluíndo a ponte do cruzamento.
A curva de Degner foi nomeada así en honra de Ernst Degner.
Suzuka ten unha longa historia de carreiras de F1 apaixonantes; sendo tradicionalmente a última ou antepenúltima carreira do campionato, moitos títulos de pilotos e construtores foron decididos neste circuíto. Grandes duelos e espectáculos vivíronse neste circuíto como os que protagonizaron Ayrton Senna e Alain Prost en e , ou Satoru Nakajima en .
A seguridade do circuíto foi seriamente cuestionada tras dous importantes accidentes en e 2003. No 2002, o piloto de Toyota F1 Allan McNish sufriu un accidente a altas velocidades na curva 130R, no cal atravesou unha cerca de metal. McNish resultou ileso, aínda que non volveu a competir na Fórmula 1 desde entón. En cambio, o accidente de 2003 tivo un saldo tráxico: o piloto de MotoGP Daijiro Kato perdeu a vida tras impactar contra un muro de formigón nunha chicane. Ambas as seccións da pista foron modificadas tras estes feitos.
A serie NASCAR pasou por este autódromo en 1996 e 1997. Na proba de 1996, produciuse un feito tráxico ao perder a vida do condutor do automóbil de seguridade, Elmo Langley, como consecuencia dun paro cardíaco.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Suzuka
Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo lonxitude Voltas Ø-Tempo Data GP do 1 Gerhard Berger Ferrari Ferrari 1:32:58,072 h 5,859 km 51 192,847 km/h 1. novembro Xapón 2 Ayrton Senna McLaren Honda 1:33:26,173 h 5,859 km 51 191,880 km/h 30. outubro 3 Alessandro Nannini Benetton Ford 1:35:06,277 h 5,859 km 53 195,907 km/h 22. outubro 4 Nelson Piquet Benetton Ford 1:34:36,824 h 5,859 km 53 196,923 km/h 21. outubro 5 Gerhard Berger McLaren Honda 1:32:10,695 h 5,864 km 53 202,298 km/h 20. outubro 6 Riccardo Patrese Williams Renault 1:33:09,553 h 5,864 km 53 200,168 km/h 25. outubro 7 Ayrton Senna McLaren Ford 1:40:27,912 h 5,864 km 53 185,612 km/h 24. Oktober 8 Damon Hill Williams Renault 1:55:53,532 h 5,864 km 50 151,796 km/h 6. novembro 9 Michael Schumacher Benetton Renault 1:36:52,930 h 5,864 km 53 192,476 km/h 29. outubro 10 Damon Hill}} Williams Renault 1:32:33,791 h 5,864 km 52 197,656 km/h 13. outubro 11 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:29:48,446 h 5,860 km 53 207,497 km/h 12. outubro 12 Mika Häkkinen McLaren Mercedes 1:27:22,789 h 5,864 km 51 205,355 km/h 1. novembro 13 Mika Häkkinen McLaren Mercedes 1:31:18,785 h 5,864 km 53 204,086 km/h 31. outubro 14 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:29:53,435 h 5,864 km 53 207,316 km/h 8. outubro 15 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:27:33,298 h 5,859 km 53 212,665 km/h 14. de outubro 16 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:26:59,698 h 5,821 km 53 212,645 km/h 13.outubro 17 Rubens Barrichello Ferrari Ferrari 1:25:11,740 h 5,807 km 53 216,612 km/h 12. outubro 18 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:24:26,985 h 5,807 km 53 218,525 km/h 10. outubro 19 Kimi Räikkönen McLaren Mercedes 1:29:02,212 h 5,807 km 53 207,267 km/h 9. outubro 20 Fernando Alonso Renault Renault 1:23:53,413 h 5,807 km 53 219,983 km/h 8. outubro Non celebrado 21 Sebastian Vettel Red Bull Renault 1:28:20,443 h 5,807 km 53 208,900 km/h 4. outubro 22 Sebastian Vettel Red Bull Renault 1:30:27,323 h 5,807 km 53 203,949 km/h 10. outubro 23 Jenson Button McLaren Mercedes 1:30:53,427 h 5,807 km 53 203,171 km/h 9. outubro 24 Sebastian Vettel Red Bull Renault 1:28:56,242 h 5,807 km 53 207,430 km/h 7. outubro 25 Sebastian Vettel Red Bull Renault 1:26:49,301 h 5,807 km 53 212,123 km/h 13. outubro 26 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:51:43,021 h 5,807 km 44 137,065 km/h 5. outubro 27 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:28:06,508 h 5,807 km 53 209,381 km/h 27. setembro 28 Nico Rosberg Mercedes Mercedes 1:26:43,333 h 5,807 km 53 216,655 km/h 9. outubro 29 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:27:31,193 h 5,807 km 53 210,789 km/h 8. outubro 30 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:27:17,062 h 5,807 km 53 211,358 km/h 7. outubro 31 Valtteri Bottas Mercedes Mercedes 1:21:46,755 h 5,807 km 52 221,326 km/h 13. outubro - Cancelados pola Pandemia de COVID-19 - 32 Max Verstappen Red Bull RBPT 3:01:44.004h 5,807 km 28 53´583 km/h 9. outubro 33 Max Verstappen Red Bull Honda RBPT 1:30:58.421 h 5,807 km 53 202,787 km/h 24. setembro 34 Max Verstappen Red Bull Honda RBPT 1:54:23.566 h 5,807 km 53 162,852 km/h 7. abril 35 Max Verstappen Red Bull Honda RBPT 1:22:06.983 h 5,807 km 53 224,879 km/h 6. abril 36 Andrea Kimi Antonelli Mercedes Mercedes 1:28:03,403 h 5,807 km 53 209,504 km/h 29. marzo Récord: M.Schumacher (6 veces)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras do Xapón