José Luis Modrego Casalots, chamado Popocho Modrego, nado o 27 de outubro de 1962 en Barcelona, é un ex xogador profesional de baloncesto e na actualidade Orientador escolar na cidade de Vigo. Cunha altura de 1,83 m, xogaba na posición de base.

Traxectoria Nado en Barcelona, formouse nas categorías inferiores do Joventut Badalona. Chegou a Obradoiro no ano 1981 na tempada que Obradoiro ascendeu a máxima categoría e permaneceu no Obradoiro tres tempadas Xogou na 1ª división e na segunda categoría co Obradoiro e posteriormente co Caixa Ourense Baloncesto dende 1984 ata 1988. De novo regresou ao Obradoiro CAB na 1ª División B, disputando con este equipo a fase de ascenso en 1990 á Liga ACB fronte ao Júver Murcia, que se saldou con derrota dos santiagueses pero que foi recorrida á xustiza por aliñación indebida. Modrego seguiu unha tempada máis co Obradoiro en 1ª B para despois regresar ao Coren Ourense, co que disputou dúas tempadas na Liga ACB.

Clubs Obradoiro Santiago (1ª División B, 1981−1982, 1ª División, 1982-1983 e 1ª División B 1983-1984) Caixa Ourense (1ª División B, 1984−1988) Obradoiro Santiago (1ª División B, 1989−1990) Frigolouro Porriño (2ª División, 1991−1992) Coren Ourense (ACB, 1992)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en dbasket.es

Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Club Ourense Baloncesto Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Barcelona