Watkins Glen International é un autódromo situado en Nova York, Estados Unidos, onde se celebraron carreiras de Fórmula 1 desde 1961 ata 1980, albergando o Gran Premio dos Estados Unidos.

Este circuíto será sempre coñecido polo falecemento do piloto francés François Cevert no Gran Premio dos Estados Unidos de 1973 durante a clasificación deste gran premio, e Helmuth Koinigg ao morrer degolado chocando nunha curva ao picar un pneumático no Gran Premio dos Estados Unidos de 1974

Descrición xeral do trazado

En Watkins Glen reiniciouse a competición ruteira norteamericana en 1948 cun circuíto de 10,6 km formado por estradas que ían desde o cemento á terra. Alí correuse ata 1952.

De 1953 a 1955 correuse sobre un auténtico circuíto, aínda que era provisional, e en 1956 deseñouse un circuíto permanente de 3,7 km que durou ata 1981, no que o circuíto declárase en quebra. Pero en 1983 cómprao a cristaleira Corning Glass e en 1984 se reinaugura. No ano 1992 chega a remodelación definitiva, cun trazado de dúas variantes: unha curta e moi rápida de 3,95 km e unha máis longa e virada de 5,5 km.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Watkins Glen AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de 1961 Innes IrelandLotus-Climax 2:13:45.8 3.78 km 100 166´010 km/h 8. Outubro Estados Unidos 1962 Jim ClarkLotus-Climax 2:07:13.0 h 3.78 km 100 174´553 km/h 7. Outubro 1963 Graham HillBRM 2:19:22.1 h 3.78 km 110 175´267 km/h 6. Outubro 1964 Graham HillBRM 2:16:38.0 h 3.78 km 110 178´775 km/h 4. Outubro 1965 Graham HillBRM 2:20:36.1 h 3.78 km 110 173´729 km/h 3. Outubro 1966 Jim ClarkLotus-BRM 2:09:40.11 h 3.78 km 108 184´952 km/h 2. Outubro 1967 Jim ClarkLotus-Ford 2:03:13.2 h 3.78 km 108 194´631 km/h 1. Outubro 1968 Jackie StewartMatra-Ford 1:59:20.29 h 3.78 km 108 200´962 km/h 6. Outubro 1969 Jochen RindtLotus-Ford 1:57:56.84 h 3.78 km 108 203´332 km/h 5. Outubro 1970 Emerson FittipaldiLotus-Ford 1:57:32.79 h 3.78 km 108 204´025 km/h 4. Outubro 1971 François CevertTyrrel-Ford 1:43:51.991 h 5.435 km 59 185´237 km/h 3. Outubro 1972 Jackie StewartTyrrel-Ford 1:41:43.35 h 5.435 km 59 189´079 km/h 8. Outubro 1973 Ronnie PetersonLotus-Ford 1:41:15.779 h 5.435 km 59 189´999 km/h 7. Outubro 1974 Carlos Reutemann Brabham-Ford 1:40:21.439 h 5.435 km 59 191´714 km/h 6. Outubro 1975 Niki LaudaFerrari 1:42:58.175 h 5.435 km 59 186´850 km/h 5. Outubro 1976 James HuntMcLaren-Ford 1.42.40,742 h 5,435 km 59 187´379 km/h 10. Outubro 1977 James HuntMcLaren-Ford 1.58.23,267 h 5,435 km 59 162´516 km/h 2. Outubro 1978 Carlos ReutemannFerrari 1.40.48,800 h 5,435 km 59 190´847 km/h 1. Outubro 1979 Gilles VilleneuveFerrari 1:52.17,734 h 5,435 km 59 171´333 km/h 7. Outubro 1980 Alan JonesWilliams-Ford 1.34.36,05 h 59 203´380 km/h 5. Outubro Record:Jim Clark, Graham Hill (3 Veces)

Ligazóns externas Páxina oficial do circuíto (en inglés)

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras dos Estados Unidos de América