Vladislav Markovich Illich-Svitych (en ), nado en Kíiv en 1934 e finado en 1966, foi un lingüista ruso, considerado como o fundador da lingüística comparativa dos idiomas que forman a superfamilia do Nostrático.
Traxectoria Descendente de ucraínos, naceu en Kíiv, pero máis tarde pasou a vivir en Moscova. Illich-Svitych resucitou a moi esquecida hipótese do Nostrático, orixinariamente exposta polo lingüista danés Holger Pedersen en 1903, quen cuñara o termo Nostrático. Malfadadamente faleceu, moi novo aínda, antes de poder completar o Dicionario comparativo das linguas nostráticas, ambiciosa obra, que, porén, foi continuada polos seus colegas.
Véxase tamén
Ligazóns externas Exemplo de reconstrución nostrática por Illich-Svitych
Categoría:Lingüistas de Rusia Categoría:Lingüistas da Unión Soviética Categoría:Paleolingüistas Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Nados en Kíiv