As linguas atapascanas é o nome dun grupo de linguas indíxenas, faladas polas tribos coñecidas como atapascas ou atabascas, localizados en dous grupos principais, un no sur de Norteamérica, e o outro no noroeste do continente; e entón designase así tamén á súa familia lingüística. A familia atapascana é unha das maiores familias lingüísticas de América do Norte, polo número de idiomas que agrupa e o número dos seus falantes —a familia uto-azteca, que se estende por México ten máis parlantes—. En tamaño de territorio, só as linguas álxicas cobren unha maior área.

A verba atapascano provén do nome cree, aðapaskāw (onde hai plantas unhas tras outras), en referencia ao lago Athabasca, no Canadá. O nome púxollo Albert Gallatin na súa clasificación de 1836 sobre as linguas do norte de América, escribindo explicitamente que fora unha denominación arbitraria.

Linguas As 31 linguas atapascanas do norte fálanse no interior de Alasca e o noroeste do Canadá, no Iukón dos Territorios do Noroeste, así como nas provincias canadenses de Columbia Británica, Alberta, Saskatchewan e Manitoba. Varios idiomas atapascanos son idioma oficial nos Territorios do Noroeste, entre elas a lingua chipewyan, o dogrib, o idioma gwich'in e o slave.

As sete linguas atapascanas da costa do Pacífico son faladas no sur de Oregón e o norte de California. Illadas das linguas da costa e das do norte, as seis linguas do sur, incluíndo aos diferentes grupos apache e navagho, son faladas no suroeste americano e na parte noroeste de México.

O eyak e as linguas atapascanas forman unha agrupación xenética chamada atapascano-eyak. A lingua tlingit está algo relacionada con este grupo, formando a agrupación de linguas na-dené (tamén coñecidas como atapascano-eyak-tlingit).

Clasificación División xeral

A familia de linguas atapascanas ten tres principais agrupamentos xeográficos: o Norte, a Costa do Pacífico, e o Sur. Discútese se as linguas da Costa do Pacífico forman realmente unha agrupación xenética válida. O grupo setentrional é particularmente problemático, moito máis que o sur, onde as linguas son moitos máis homoxéneas. Non están definidos ben os subgrupos, agás as do Sur, polo que o modelo de clasificación pode ser incorrecto.

A continuación móstrase un esbozo de clasificación de Keren Rice de 1999. Alasca Sur Alasca-Yukón Central Canadá Noroeste Tsetsaut Columbia Británica Central Sarsi Kwalhioqua-Tlatskanai Atapascano da Costa do Pacífico Apache

As ramas 1 e 7 son o grupo do Norte. Kwalhioqua-Tlatskanai considerouse parte da Costa do Pacífico, pero unha recente revisión por parte de Krauss non a atopa próxima a esas linguas.

Unha clasificación diferente, formulada por Jeff Leer, é a seguinte (Tuttle & Hargus 2004:72-74):

Alasca (Ahtna, Dena’ina, Deg Hit’an, Koyukon, Kolchan, Tanana Baixo, Tanacross, Tanana Alto, Gwich’in, hän) Yukón (Tsetsaut, N. Tutchone, S. Tutchone, Tagish, Tahltan, Kaska, Sekani, Dunneza) Columbia Británica (Babine-Witsuwit’en, Dakelh, Chilcotin) Este (Dene Suline, Slave, Dogrib) Sur (Tsuut’ina, Apache, Costa do Pacífico)

Atapascano meridional

Subgrupo Alasca sur 1. Ahtna 2. dena'ina (tamén chamada tanaina)

Alaska Central – Subgrupo Yukón 3. Deg Hit’an (tamén chamada ingalik, deg xinag) 4. Holikachuk (tamén chamada innoko) 5. Koyukon 6. Kolchan (tamén chamada kuskokwim alto) 7. Tanana Baixo (tamén chamado tanana) 8. Tanacross 9. Tanana alto 10. Tutchone sur 11. Tutchone norte 12. Gwich’in (tamén chamada kutchin) 13. Hän (tamén chamada han)

Subgrupo Canadá Noroeste A. Tahltan-Tagish-Kaska 14. Tagish 15. Tahltan 16. Kaska 17. Sekani 18. Dunneza (tamén chamada beaver) B. Slave-Hare (slave norte e sur) 19. Slave 20. Mountain 21. Bearlake 22. Hare 23. Dogrib 24. Dene Suline (tamén coñecidas como lingua chipewyan)

Subgrupo tsetsaut 25. Tsetsaut

Subgrupo Columbia Británica Central 26. Babine 27. Dakelh 28. Chilcotin (tamén chamada como tsilhqot’in) 29. Nicola (tamén chamada stuwix)

Subgrupo sarsi 30. Tsuut’ina (tamén chamada sarcee, sarsi, tsuu t’ina)

Subgrupo kwalhioqua-clatskanie 31. Kwalhioqua-Clatskanie (tamén kwalhioqua-tlatskanie)

Atapascano da Costa do Pacífico

Subgrupo atapascano de California 32. Hupa (tamén chamada hoopa-chilula) 33. Mattole-Bear River 34. Eel River

Subgrupo atapascano de Oregón 35. Upper Umpqua 36. Rogue River (tamén chamada tututni) 37. Galice-Applegate 38. Tolowa

Atapascano meridional (tamén coñecido como apache)

Subgrupo apache das chairas

39. Apache das chairas (tamén denominada kiowa-apache)

Subgrupo apache occidental A. Chiricahua-mescalero 40. Lingua chiricahua 41. Lingua mescalero 42. Lingua navagho (tamén chamada dinébizaad) 43. Apache occidental (tamén coñecida como apache colloteiro (de coyote)

Subgrupo apache este 44. Jicarilla 45. Lipán

Lista xeográfica Debaixo segue unha lista coas linguas atapascanas e a súa localización xeográfica.

Alasca: ahtna, deg hit’an, dena’ina, gwich’in, hän, holikachuk, kolchan, koyukon, tanana baixo, tanacross, tsetsaut, tanana alto Yukón: gwich'in, hän, kaska, mountain, tagish, tutchone norte, tutchone sur, tanana alto Territorios do Noroeste: bearlake, dene suline, dogrib, gwich’in, hare, mountain, slave Nunavut: dene suline Columbia Británica: babine, bearlake, beaver, chilcotin, dakelh, hare, kaska, mountain, nicola, sekani, slave, tagish, tahltan, tsetsaut Alberta: beaver, dene suline, slave, tsuut’ina Saskatchewan: dene uline Washington: chilcotin, kwalhioqua-clatskanie (willapa, suwal), nicola Oregón: applegate, clatskanie, galice, rogue river (chasta costa, euchre creek, tututni, coquille alto), tolowa, umpqua alto Norte de California: eel river, hupa, mattole-bear river, tolowa Utah: navagho Colorado: jicarilla, navagho Arizona: chiricahua, navagho, apache occidental Novo México: chiricahua, mescalero, jicarilla, lipán, navagho Texas: mescalero, lipán Oklahoma: chiricahua, jicarilla, apache das chairas Noroeste de México: chiricahua, lipán, navagho

Proto-atapascano

Fonoloxía

Unha reconstrución recente do proto-atabascano consta de 40 consoantes (Cook 1981; Krauss & Golla 1981; Krauss & Leer 1981; Cook & Rice 1989), segundo se detalla a continuación:

Fricativas ou constritivas   Bilabial Alveolar Palatal Velar Uvular Glotal Central Lateral plana Labial plana Labial Oclusiva Non aspirada   t       k q qʷ   Aspirada   tʰ       kʰ qʰ qʷʰ   Exectiva   t’       k’ q’ q’ʷ ʔ Africada Non aspirada   ʦ tɬ ʧ ʧʷ         Aspirada   ʦʰ tɬʰ ʧʰ ʧʷʰ         Exectiva   ʦ’ tɬ’ ʧ’ ʧ’ʷ         Fricativa Consoante xorda   s ɬ ʃ ʃʷ x χ χʷ h Consoante sonora   z ɮ ʒ ʒʷ ɣ ʁ ʁʷ   Sonorantes Nasal m n   ɲ           Aproximante       j       w   Vogal

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bibliografía sobre a lingua atapascana en inglés Páxina do Centro das Linguas Nativas de Alaska Centro das Linguas Nativas de Yukón

Categoría:Linguas atapascanas