O Circuíto de Dijon-Prenois é un autódromo situado preto de Dijon, Francia. O Gran Premio de Francia de Fórmula 1 disputouse neste circuíto nas tempadas 1974, 1977, 1979, 1981 e 1984; tamén albergou ao Gran Premio de Suíza de 1982. A Scuderia Ferrari non logrou vencer en ningunha das seis carreiras.
O trazado orixinal de 3.289 metros foi inaugurado o 26 de maio de 1972. Debido a que os baixos tempos de volta no Gran Premio de Francia de 1974 causaban conxestións entre os atrasados e os punteiros, agregouse unha extensión no ano 1975 para alcanzar os 3.801 metros finais.
A vitoria de Jean-Pierre Jabouille no Gran Premio de Francia de 1979 ao volante dun Renault F1 supuxo a primeira vitoria dun motor sobrealimentado e a primeira dese equipo. Ademais, logrouna un piloto francés cun automóbil francés, pneumáticos franceses (Michelin) e combustible francés (Elf Aquitaine). Nesa mesma carreira, o canadense Gilles Villeneuve e o francés René Arnoux disputaron ferozmente a segunda posición durante varias voltas.
Na actualidade, Dijon-Prenois alberga datas de campionatos franceses de gran turismos, motociclismo e Fórmula 3, así como carreiras de automóbiles históricos.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Dijon-Prenois AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de Ronnie PetersonLotus-Ford 1:21:55,020 h 3´289 km 80 192´722 km/h 7 de xullo Francia Mario AndrettiLotus-Ford 1:39:40,130 h 3´800 km 80 183´006 km/h 3 de xullo Jean-Pierre JabouilleRenault 1:35:20,420 h 3´800 km 80 191´315 km/h 1 de xullo Alain ProstRenault 1:35:48,130 h 3´800 km 80 190´392 km/h 5 de xullo Keke RosbergWilliams-Ford 1:32:41,087 h 3´800 km 80 196´796 km/h 29 de agosto Suíza Niki LaudaMcLaren-TAG-Porsche 1:31:11,951 h 3´887 km 79 202´024 km/h 20 de maio Francia
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial do Circuit de Dijon-Prenois
Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Gran Premio de Francia de Fórmula 1 Categoría:Gran Premio de Suíza de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras de Francia