Golfiño pódese referir a: Golfiño ou delfín, nomes comúns de varios mamíferos cetáceos pertencentes, canda outros (arroaces, caldeiróns, candorca, toniña), á familia dos delfínidos (Delphinidae). Golfiño ou Delfín, nomes vulgares dunha pequena constelación do hemisferio norte, máis coñecida polo seu nome científico, en latín, Delphinus, que está situada moi preto do ecuador celeste. Golfiño, revista infantil-xuvenil de banda deseñada galega xa desaparecida. Golfiño de auga doce, unha das cinco (ou catro) especies de golfiños que viven en ríos ou estuarios.