Draco ou Dragón é unha constelación que está moi ó norte, que é circumpolar para moitos observadores do Hemisferio Norte. É unha das 88 constelacións modernas, e tamén é unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo.
Aínda que é moi grande, Draco non ten estrelas especialmente brillantes. A cabeza do dragón está representada por un cuadrilátero de estrelas situadas entre Hércules e a Ursa Minor.
miniatura|300px|A constelación de Draco en Uranometria.
Estrelas principais α Draconis (Thuban), estrela branca de magnitude 3,67, antigamente utilizada coma estrela polar. β Draconis (Alwaid ou Rastaban), con magnitude 2,79, superxigante ou xigante amarela 950 veces máis luminosa có Sol. γ Draconis (Etamin, tamén Eltanin ou Al Tais), estrela xigante laranxa, a máis brillante da constelación con magnitude 2,23. δ Draconis (Altais ou Nodus Secundus), xigante de cor amarela-laranxa e magnitude 3,07. η Draconis (Aldhibain), a segunda estrela máis brillante da constelación (magnitude 2,74), 61 veces máis luminosa có Sol e situada a 88 anos luz. θ Draconis, estrela subxigante branco-amarela e binaria espectroscópica. ι Draconis (Edasich), xigante laranxa de magnitude 3,29 onde se ten descuberto un planeta cunha órbita moi excéntrica. κ Draconis, xigante branco-azulada e estrela Be, rodeada dun ancho disco creado pola súa rápida rotación. λ Draconis (Gianfar ou Giausar), xigante vermella e variable semirregular. μ Draconis (Arrakis), estrela binaria composta por dúas ananas amarelas separadas 2 segundos de arco. ν Draconis (Kuma), estrela dobre cunhas compoñentes que distan 62 segundos de arco e poden ser observadas cuns prismáticos. ξ Draconis (Grumium), xigante laranxa a 111 anos luz de distancia. σ Draconis (Alsafi), estrela anana laranxa a 18,81 anos luz do sistema solar. χ Draconis, de magnitude 3,55, estrela binaria a 26 anos luz. AG Draconis, estrela simbiótica que cada 10 o 15 anos sofre estalidos que multiplican o seu brillo por cinco. BY Draconis, sistema estelar formado coma mínimo por tres compoñentes; as dúas principais forman o prototipo das variables BY Draconis. CM Draconis, sistema triplo composto por dúas ananas vermellas -tamén variables BY Draconis- e unha anana branca. Struve 2398, sistema binario de dúas ananas vermellas nas proximidades do sistema solar. Gliese 687, anana vermellas a un pouquiño menos de 15 anos luz da Terra.
Obxectos notables do espazo profundo Nebulosa Ollo de gato (NGC 6543), unha das nebulosas planetarias máis brillantes e de maior interese. NGC 5866, unha galaxia lenticular. Galaxia espiral NGC 4319 e a súa posible asociación co obxecto Markarian 205. Galaxias espirais NGC 4236 e NGC 5907, esta última 3º ó sur-suroeste de Edasich (ι Draconis). Galaxia Anana de Draco, unha das máis febles que se coñecen, forma parte do Grupo Local.
Mitoloxía Na mitoloxía grega coñécese a esta constelación grazas á undécima tarefa encargada a Hércules. Nela debía consegui-las manzás da árbore de Gaia no xardín das Hespérides, onde Hera tiña posto a Ladon, o dragón de cen cabezas, coma protector. Hera sentiu moito a perda do seu bravo gardián do xardín das Hespérides, polo que puso ó seu dragón no firmamento ó redor do polo norte. A constelación presenta unha das pernas de Hércules sobre a cabeza do dragón.
Noutra versión tratabase dun serpe que durante a xigantomaquia bateron os xigantes sobre Atenea. Esta lanzou a serpe ó ceo, onde quedou fixada.
Segundo outra versión, tratabase da forma de serpe que tomou Zeus para escapar de seu pai, Crono.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Draco Star Tales – Draco
Categoría:Constelacións Categoría:Dragóns